Outra fotografía:

Tipo de ben: Porto,
Concello: Caldas (comarca) / Valga
Parroquia: Cordeiro (Santa Comba)
Lugar: Laxes
Outra denominación do ben: Agro de Xaz
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

Asentamento ribeirán no río Ulla coñecido como o Mercado dos Mouros ou Agra de Xaz. O lugar ocupa uns 11.500 metros cadrados, ten forma ovalada e está sobreelevado do terreo circundante, e que hoxe en día e un terreo intermareal. Nas primeiras escavacións levadas a cabo polo arqueólogo David Fernández Abella, consistentes nunha simple investigación superficial, apareceron fragmentos de cerámica e tellas de época romana e datados entre os séculos II a. C. e V d. C. Tamén nunha das sondaxes localizouse un posible almacén e noutra unha traza en negativo dunha cabana. A cerámica de almacenamento e coherente coa a atopada noutros asentamentos costeiros galegos, como Halltern 70, campaniensis, Dressel I e posteriores. Sería coetáneo de lugares arqueolóxicos existentes en Galicia coma o da Lanzada. O xacemento será incluído no inventario de Bens culturales de interese arqueolóxico da Xunta de Galicia. Na primeira imaxe da ficha podemos ver as pedras do muro de contención do recinto e que o eleva no terreo da ribeira do río, na segunda, a cata arqueolóxica levada a cabo polos arqueólogos no ano 2014
Nas intervencións arqueolóxicas do ano 2016, os arqueólogos desenterraron máis de 5000 pezas de interese. Entre eles hai elementos de bronce coma un colar, cerámica decorada, ánforas e ferros. Afirman que moitos deles son de importación púnica e confirmarían o carácter comercial do poboado, ademais con estas últimas investigacións o asentamento vería incrementada a súa antigüidade tres séculos antes do pensado
“Apareceron materiais do século cuarto antes de Cristo nunha gabia de vivenda elaborada con materiais perecedoiros, «o que traslada ou asentamento a un período anterior, ata a Idade do Bronce Antigo. Os arqueólogos consideran que mesmo é posible que baixo esta vivenda se atope outro nivel de ocupación anterior”.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Fernández Abella, D. Agroxas, donde “os mouros facían o mercado”. Primeros datos sobre un nuevo yacimiento arqueológico en Valga, Pontevedra.
Acceso ao traballo en academia.edu https://goo.gl/KsercI
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=24776


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7084255393
Lonxitude: -8.68932723999
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84