Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Fisterra (comarca) / Muxía
Parroquia: Frixe (Santa Locacia)
Lugar: Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O que hoxe podemos apreciar do castro é un recinto rodeado dun parapeto feito a base de terra e pequenas pedras, situado a 60 metros ao sur da aldea de Castro, e que acada a súa maior altura, duns 3 metros, pola banda noroeste. Situado a 150 metros da marxe dereita do Rego de Vilachán, que desemboca no río Castro, moi cerca xa do mar. Está no val que hai entre os Montes do Serradoiro, ao leste, e a aliñación que fan polo oeste o Monte Nemiña e o Monte da Croa. O recinto, a 112 m. de altitude e de forma ovalada, ten unha medidas de 150 m. no eixo noroeste–sueste e 85 m. no nordés–suroeste. Foi fortemente alterado pola concentración parcelaria de tal maneira que só apreciamos o parapeto que o cingue, e o seu interior é unha parcela agrícola que segue a traballarse a día de hoxe. Na aldea contáronnos que nese lugar os máis vellos dicían que había un túnel por debaixo do terreo. Na segunda foto da ficha podemos ver na parte noroeste, onde está a entrada, un desprendemento do parapeto debido as labores agrícolas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUXIA/documents/28006ca001.PDF (pax. 7 do pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0209645995
Lonxitude: -9.24686193466
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84