Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte,
Concello: Outeiro de Rei
Parroquia: Outeiro de Rei (Santa Mariña)
Lugar: Ponte vella de Rábade; A Pinguela
Outra denominación do ben: Fonte da Picha
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Fonte de boa pedra de granito cun pilo elevado, a uns 50 centímetros do chan, composta de boas pezas de cantería, do que arranca un corpo rectangular do mesmo ancho e pouco máis de metro e medio de alto, rematando en arco. No centro, máis ou menos á altura da base do arco, ten un cano que bota auga en contínuo. Os seus lados, ten un pilo rectangular, un a cada lado, que chegan a metade de altura do pilo principal pero case unhas seis veces mais grande, posiblemente bebedoiros para as bestas.
A “Fonte de A Pinguela”, coñecida tradicionalmente como “Fonte da Picha”, sitúase en Santa Mariña de Outeiro de Rei. De acordo á información dos libros de Actas Municipais do Concello [Arquivo Municipal de Outeiro de Rei], a súa construcción é anterior ó ano 1920, xa que na acta da sesión ordinaria de 3 de xaneiro dese mesmo ano (1920), cítase un gasto de 266 pesetas e 75 céntimos pola reconstrucción desta fonte. [Legaxo 4, Serie 129, Folio 44].
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.outeiroderei.org/hidrografia.php
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1142320877Lonxitude: -7.61512130499
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84