
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Santiago (comarca) / Santiago de Compostela
Parroquia: Figueiras (Santa María)
Lugar: Piñor
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O asentamento fortificado sitúase nun esporón do monte que se atopa ao noroeste da aldea de Piñor. A unha altitude de 250 metros. Excepto polo leste, está rodeado de pendentes que chegan a ser moi pronunciadas na banda sur. Este relevo do terreo dotaríao de boas defensas naturais, contando ademais que as bandas norte e sur percórrenas dous regueiros que van a desembocar ao río Roxos. Domina o pequeno, pero encaixado val, que forma este río dende a aldea de Sura á de Reborido. Sitúase case na liña divisoria do concello de Santiago con Ames entre as parroquias de Ameixenda e Figueiras. Vemos reflectidos nos mapas os topónimos para esta zona de : Santixas, para o promontorio onde estaría situado, e un pouco ao oeste “A Extrema” e “Monte do Pouro”. O monte de Santixas conta con protección de espazo natural, pero no plano de ordenación do ano 2007 da zona estudada, escala 1.2000, non vén recollido ningún asentamento neste lugar. Na zona leste que dá acceso ao lugar, podemos apreciar en planos lidar, ata dúas defensas antes de chegar ao principal parapeto duns 5 metros de altura que defende a coroa circular do recinto. Unha desas defensas, a máis distante cara o leste é case inapreciable a simple vista, dada a gran cantidade de maleza que ten o monte no que se atopa. A máis cercana cinguiría unha superficie en forma de media lúa, diante da entrada, cuxos extremos rematarían no parapeto principal e que na zona máis ancha acadaría os 25 metros.
A coroa ou recinto central, que ten lixeira caída cara á zona oeste , mediría uns 70 metros de diámetro e poderíase deducir dos mapas a existencia dun antecastro por ese lado, cousa que no terreo é imposible de apreciar debido a gran cantidade de maleza que cobre a contorna.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9141163698Lonxitude: -8.60875368118
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Xuñ 28, 2015
Plano escala 1:2000 do PXOM 2007 de Santiago
da zona do recinto fortificado de Piñor, Figueiras
Xusto na esquina inferior dereita, onde non vén recollido
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242pb292.jpg
Si vén recollido no catálogo de Bens históricos do PXOM do ano 1990
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/0374CA005.PDF
pax 8 do pdf, pero coa mesma planta e estrutura que o
de Codesedas/Marmancou na mesma parroquia de Figueiras
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/0374CA004.PDF
pax 8 do pdf.
Ao mellor se pensou que era o mesmo e no pasaron ao novo Pxom do 2007.