![](https://patrimoniogalego.net/wp-content/files_mf/cache/th_d9631e1bf83dbd91a546ee14ac2a0255_IMG_6886-FILEminimizer.jpg)
Outra fotografía:
![](https://patrimoniogalego.net/wp-content/files_mf/cache/th_9e72f8a1f075db9904f43ccf46633f23_IMG_6885-FILEminimizer.jpg)
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Outeiro de Rei
Parroquia: Outeiro de Rei (San Xoán)
Lugar: Outeiro de Rei
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa construída no século XVIII en cadeirado de granito con cuberta de lousa a dúas augas. A súa estrutura arquitectónica é dunha planta rectangular cunha capela na súa parte setentrional, sancristía e presbiterio, que destaca no exterior pola súa altura, máis alto e reducido ca nave, facendo un xogo volumétrico moi característico nestas construcións.
A fachada presenta un eixo central composto por unha porta principal alintelada e moldura que sobresae lixeiramente do seu pano, enriba unha xanela cadrada e tamén moldurada e que sobresae ó igual que a porta. Sobre esta, unha base rectangular que sirve para soster a espadana de dobre corpo, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e que serven para aloxar as campás. O segundo corpo, un frontón triangular curvo e oco, flanqueados por dous pináculos piramidais con bóla e rematado con outro pináculo das mesmas características.
Destaca a capela de San Ramón como pequena construción anexa no lateral norte da igrexa antes mencionada, pola que accedemos o través dun sinxelo e pequeno pórtico que protexe a porta alintelada de acceso. No lintel lese: “ESTA CAPILLA SE HIZO A COSTA DE LOS DEBOTOS DE SAN RAMÓN. AÑO DE 1734”.
No interior destaca a falsa bóveda de canón da nave, coro alto ós pés e arco triunfal de medio punto de boas pezas de granito, retablo barroco de dous corpos de San Ramón, retablo maior neoclásico e retablos laterais neogóticos.
Fronte a capela está situado o cemiterio, dentro do adro da igrexa, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos coa parroquia dos vivos. Aquí está enterrado o poeta Manuel María.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB:
http://www.outeiroderei.org/patrimonio.php?secc=igrexas
http://www.patronatodeturismodelugo.es/puntointeres.php?id=1769
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1021616357Lonxitude: -7.61516958475
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84