Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Betanzos
Parroquia: Betanzos
Lugar: Avda. de castela
Outra denominación do ben: Cruceiro da Estrada de Castela
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” sen plataforma e cun pedestal cuadrangular moldurado. O varal é cadrado case ata a metade e despois é achafranado ata o capitel tamén cuadrangular moldurado. A súa cruz é octogonal e polo naverso da cruz fica ó Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas, nimbo crucífero e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á esquerda. No reverso da cruz presenta un releve dunha cruz inscrita nun rombo e un botón no centro. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación.
Este cruceiro da “Cruz Verde” e coñecido así pola súa proximidade ó barrio con ese nome onde estaban localizadas as “xudarías” da cidade, está directamente relacionado cun dos pretextos máis característicos destes xenuínos elementos arquitectónicos: a encrucillada de camiños. Diante del foi fusilado o sarxento Samitier, un dos “mártires da liberdade” da revolución de 1846 (a de Antolín Faraldo e Solís), fito inexcusábel da historia do progresismo peninsular e nacemento do galeguismo político. O resto dos militares revolucionarios foron fusilados, como é ben sabido, na vila de Carral.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”. Volumen I. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
-Ficha informativa do cruceiro do concello de Betanzos.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BETANZOS/documents/26373ca005.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2759605801
Lonxitude: -8.20776812732
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84