Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Silleda
Parroquia: Ansemil (San Pedro)
Lugar: Ansemil
Outra denominación do ben: Capela señorial dos Deza
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Conxunto monumental formado por dúas capelas, unha románica e outra gótica.
A románica ten a súa orixe no século IX e X e está adicada a San Pedro. Ten pranta basilical con tres naves e ábsida cadrada. A porta principal conta con dúas arquivoltas e o característico axadrezado románico. Nos capiteis atópanse dous de estilo vexetal (os máis exteriores) e nos interiores atópanse un grupo de figuras, unha no centro lendo un libro a cal lle falta a cabeza. Do outro lado atópanse dúas feras xuntas.
A gótica está adicada a Santa Ana. Na porta ten un símbolo do Agnus Dei e sobre a mesma unha imaxe da virxe do leite alimentando ao neno Xesús. No teito tamén conta cun año coa cruz sobre o seu lombo. Polo resto da fachada atópanse canzorriños de diverso estilo, principalmente animais.
No interior gárdase o sartego do cabaleiro Diego Gómez de Deza, do ano 1341.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7414041797
Lonxitude: -8.26827138662
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84