Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Betanzos
Parroquia: Tiobre (San Martiño)
Lugar: Santuario da Nosa Señora do Camiño
Outra denominación do ben: Santuario dos Remedios
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de planta de cruz latina con fábrica de silleria de granito de aparello regular. O interior da nave divídese en tres tramos de diferente altura. No primeiro tramo, a ambos lados da entrada, dúas portas co arco alintelado. A iluminación da nave e por medio dun van abuguinado e alongado que se atopa aos pés. Cúbrese con cuberta de madeira a dúas augas.
O cruceiro cúbrese con bóveda estrelada de cinco claves apoiada en ménsulas.
A capela maior é de planta rectangular co arco de ingreso de medio punto rebaixado, con baquetóns na arista, que descansa en pilastras lisas. Sobre o arco vai pintada unha inscrición coa data do remate das obras, “1601”. Consta de dous tramos, o primeiro cóbrese con bóveda estrelada de cinco claves sobre ménsulas molduradas; no segundo tramo dúas pequenas bóvedas aveneradas nos laterais e de crucería de catro claves no centro, que descansan sobre columnas adousadas. A plementería das bóvedas é de granito, recorrida por unha imposta moldurada, os paramentos da nave son de cachotería, agás o central que é de granito, nel ábrese un van de arco de medio punto abuguinado con restos de policromía nas dovelas.
No lado da epístola ábrese unha poryta que da acceso a sacristía, a distinto nivel, con tres chanzos, enmarcada por dúas pilastras que sosteñen un friso no que se asenta un frontón triangular con pináculos adousados nos remates. Baixo o friso un arco de medio punto abuguinado con casetóns nas dovelas; no lado esquerdo da porta un van de arco de medio punto enmarcad en granito.
No lado do Evanxelio ábrense dous arcosolios de medio punto, valeiros. Quedan restos de pintura no frente e a ámbolos dous lados do van, e na parte superior dos arcosolios do evanxelio.
A capela do cruceiro no lado do evanxelio ten o arco de ingreso de medio punto moldurado. Cóbrese con bóveda estrelada de cinco claves, nunha das claves hai un escudo. Toda ela recorrida por unha imposta moldurada na que se abre un van coa clave remarcada.
Na capela do cruceiro do lado da epístola o arco de ingreso é de medio punto con casetóns. Cóbrese con bóveda de crucería estrelada apoiada en ménsulas. Recorre a capela unha imposta moldurada cun van abuguidado maior co da capela de enfrente.
A tribuna é de madeira sobre pilastras de granito adousadas ó muro.
No exterior, a fachada renacentista divídese en tres calles e dous corpos. A portada consta de tres portas de arco de medio punto, abuguinadas con rosetas na rosca do arco sobre unha imposta moldurada e decorada con motivos vexetais, os tímpanos son lisos, sobre mochetas coa misma decoración cá imposta; nas enxutas dos arcos dous medallóns coas imaxes da Virxe co Neno e Santa Ana en altorreleve.
Nos vans laterais dous vans abuguinados e rectangulares.
O segundo corpo, separado por unha imposta con molduras e voada, ten no centro un van de arco de medio punto abuguinado e moldurado, nos extremos superiores da calle central dúas figuras coa representación da Anunciación (o Arcanxo e a Virxe) en altorreleve. Nas calles laterais unha xanela cadrada con tornachoivas.
Remata o corpo central un frontón coa figura de Deus Pai en acción de bendecir, portando na esquerda o globo terráqueo. Nos remates do frontón, a xeito de acróteras, as figuras de San Martiño e San Roque; coroando o frontón un crucifixo de boa talla.
Percorre a cornixa unha inscrición.
O lado dereito do corpo central, sobre a cornixa, levántase un basamento cadrado, cun escudo, no que se asenta o campanario dun só corpo, rematado en cúpula, engadido no século XIX.
Este santuario, tamén coñecido como Santuario dos Remedios, atópase á chegada do Camiño Inglés a Betanzos. A construcción (1568-1601) atribúese ó arquitecto santanderino Juán de Herrera, que chegou a Galicia en 1561 traballando con Rodrigo Gil de Hontañón, a quen substituíu na Catedral de Santiago.
Este santuario foi saqueado polos franceses no ano 1808.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
A orixe deste santuario está relacionada con lendas baseadas nas aparicións da Virxe, do mesmo xeito que se coñece a existencia, nese mesmo lugar, dunha ermida anterior, que posuía un pequeno hospital para peregrinos.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior”. Vol. VII. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
-MARTÍNEZ SANTISO: “Historia de la ciudad de Betanzos”. Sucs. de Castañeda, Betanzos, pp. 475, 1892.
-MURGUÍA, M.: “Betanzos y sus mariñas, Historia de Galicia”. (Edición facsimil 1980, editado pola Real Academia Galega). Tomo II, p.1164, 1865.
-NÚÑEZ DÍAZ, A.: “Betanzos Monumental”. Betanzos en el V centenario del voto de su glorioso patrón San Roque. Imprenta M. Villuendas, 1916.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BETANZOS/documents/26373ca001.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2839295106Lonxitude: -8.20509195328
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84