
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Carral
Parroquia: Quembre (San Pedro)
Lugar: Paiolante
Outra denominación do ben: Castro Detorre
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Situado no lugar de Paiolante na parroquia de San Pedro de Quembre, Concello de Carral, xunto á estrada de Quembre a Sumio.
Accédese dende a estrada e presenta unha superficie chan, caendo en ladeira con pendente pronunciada cara ó chamado “Rego do Castro”. Na actualidade adícase a labores agrícolas, atopándose totalmente soterrado.
Non se atoparon restos de interese a nivel superficial; pero os propietarios atoparon varios restos que na actualidade son decoración da finca, dinteis e xambas de granito e xisto, dúas pezas rotas de granito de muíño de man e un pelouro.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: RI.000003295
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Contan os veciños que houbo unha cova grande que foi rechea con terra; falan tamén das lendas que no castro había un tesouro dos mouro e unha trabe de ouro, de xeito similar á maioria das lendas de castros.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– VILAR HERMIDAS, Xosé Lois (1999):”Santa Mariña de Veira”. Edita Concello de Carral, Concellalía de Cultura.
– FUMADÓ ORTEGA, Iván; SÁNCHEZ-PARDO, José Carlos (2013):”Archaeology from Aerial Archives in Spain and Portugal: Two Examples from the Atlantic Seaboard”.
– FERNÁNDEZ ANS, Pablo (2015): “Location of hillfort culture settlements by means of aerial archaeology in the municipality of Carral, Galicia”. AARGnews, nº51. Aerial Archeology Research Group. http://www.univie.ac.at/aarg/index.php/AARGnews.html
– Catalogado no PXOM do Concello de Carral, 1993, baixo o nome “Castro Detorre”, con nivel de preotección 9.
www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARRAL/documents/0112CA003.PDF
– Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia. http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2100140582Lonxitude: -8.37247252464
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84