Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Carral
Parroquia: Beira (Santa María)
Lugar: Herves
Outra denominación do ben: Castro de Forteillo
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Atópase á beira da estrada N-550, á altura do pobo de Herves. Presenta unha superficie chan, caendo en ladeira con pendente pronunciada cara ó chamado “Rego de Herves”, por onde discorre o camiño de acceso que o circunda. É posible acceder, pero na actualidade atópase cuberto de maleza. Non se atoparon restos de interese a nivel superficial.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: RI.000003278
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Após da nova de Oscar Franco (nos comentarios anexos ó presente inventario), e tralo desbroce feito na totalidade da parcela que ocupa o castro de Herves, fomos quen de facer, durante o vrao do ano 2016, una inspección de campo e atopar numerosos restos de pallabarro, pertencentes con toda probabilidade ó teitado e cubricións; asemade dalgúns restos de cerámica, tendo estes últimos unha orixe dubidosa e quizabes pertencentes á época moderna.
Tódolos restos atópanse na actualidade en fase de análise.


Referencias bibliográficas:

“Santa Mariña de Veira”, Xosé Lois Vilar Hermidas, 1999. Edita Concello de Carral,
Concellalía de Cultura.
Catalogado no PXOM do Concello de Carral, 1993, baixo o nome “Castro de Forteillo”, con nivel de preotección 9. www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARRAL/documents/0112CA003.PDF pax.2
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia.
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/

FERNÁNDEZ ANS, Pablo (2015): “Location of hillfort culture settlements by means of aerial archaeology in the municipality of Carral, Galicia”. AARGnews, nº51. Aerial Archeology Research Group. http://www.univie.ac.at/aarg/index.php/AARGnews.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.193434039
Lonxitude: -8.36235523224
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84