Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Coirós
Parroquia: Collantres (San Salvador)
Lugar: Collantres
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Trátase dun pequeno templo románico dun grande interese arquitectónico e histórico do concello de Coirós. Conserva moi ben a tipoloxía orixinal, agás a fachada principal e a sancristía que son engadidos posteriores.
Esta igrexa presenta unha única nave rectangular con dous volumes apegados, os cales, aínda que non están comunicados entre si, utilízanse como sancristía. A nave cóbrese de madeira a dúas vertentes, ten os muros reforzados por tres contrafortes prismáticos de cantería, abríndose nos van seteiras, e nos máis pertos ó presbiterio, unhas sinxelas portas de xambas lisas, a de norte cun sillar sobre ménsulas de rolos, no que hai trazado un semicírculo a maneira de tímpano, e a de sur, oculta pola sancristía, cun arco de descarga semicircular que acobilla un tímpano sobre ménsulas.
A ábsida cóbrese con bóveda de canón con feitura apuntada, sendo o arco triunfal case semicircular que descansa sobre columnas apegadas, de bases tóricas con moita escocia, adornadas con dentes de serra e garras no plinto, fustes cortos e capiteis cúbicos de talla moi basta. No exterior, os muros rematan nunha cornixa sobre canzorriños típico do románico; unha seteira abríase no fondo da ábsida e outra no testeiro da nave, que está coroado por unha cruz de palmas inscrita nun círculo, frecuente no románico e segundo Ángel de Castillo López, tal vez como supervivencia visigótica.
A fachada segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal alintelada e flanqueada por dous contrafortes que rematan á altura da xanela cuadrangular situada enriba do ingreso. Remata o conxunto rompendo o vértice pentagonal, unha espadana de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares que serven para aloxa-las campás. O segundo un frontón triangular curvo cun oco en arco de medio punto flanqueado por dous pináculos e rematado por outro pináculo de punta cunha cruz de forxa enriba.
A obra desta igrexa románica apareceu ó reforma-lo templo no ano 1903, cando se lle engadíu a sancristía, sendo do século XII.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Aranga, Cesuras, Coirós, Curtis, Oza dos Rios e Vilasantar”. Vol. XVI. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
-CASTILLO LÓPEZ, ÁNGEL DEL: Boletín de la Real Academia Gallega. Boletín nº 175. Páx. 163. Ano 1925.
http://academia.gal/boletins#http://academia.gal/imaxin-boletins-web/search.do?current_page=7#resultados
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/COIROS/documents/0130ca001.PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/COIROS/documents/0130ca003.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2640498442
Lonxitude: -8.17346066236
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84