Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Lugo
Parroquia: Santalla de Bóveda de Mera (Santalla)
Lugar: Bóveda de Mera
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

Conxunto arqueolóxico situado a uns catorce quilómetros de Lugo. Trátase dun edificio de complexa interpretación. Actualmente pódese ver o que no seu momento de uso sería a planta inferior dun edificio de dúas plantas. Foi descuberto en 1926 baixo a igrexa.
Éntrase por un arco de ferradura precedido dun pequeno atrio con dúas columnas “in antis”.
O interior é de planta rectangular e está dividido en tres naves. No centro atópase un pequeno estanque. A bóveda que cubre este espazo ten unhas ricas pinturas murais nas que se representan dun xeito moi naturalista unha serie de aves afrontadas entre motivos vexetais.
Da bóveda consérvanse os arrinques xa quea súa parte superior colapsou durante a escavación, porén, os restos que chegaron atenós están ben conservados.
Na porta hai varios grabados do que se deu en interpretar como posibles sacerdotes ou sacerdotisas nunha danza ritual un bastón coa empuñadura con cabeza de paxaro, e outros moi desgastados que non é doado entender.
A orixe do monumento e o seu uso é un gran misterio que aínda se está a estudar. Existen diversas hipóteses neste sentido, e as interpretacións van dende lugar de baños, ninfeo, ou incluso templo dedicadoa Prisciliano.Hai outra hipótese con bastante forza que interpreta este edificio como lugar destinado ao culto da Magna Mater, a deusa Cibeles.
O lugar foi reinterpretado e reformado coa implantación do cristianismo convertíndose nun templo baixo a advocación de Santa Eulalia, santa mártir moitas veces asimilada a Cibeles.
Foi declarada ben de interese cultural no ano 1985. O seu acceso está actualmente controlado,sendo visitable só polas mañás e con visita guiada.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://santaeulaliaboveda.blogspot.com


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9801647538
Lonxitude: -7.68595308065
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84