Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Coirós
Parroquia: Lesa (Santa Mariña)
Lugar: Figueiras
Outra denominación do ben: A Moura de Pena Furada
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O santuario de Pena Furada está situado preto da aldea de Figueiras, freguesía de Santa Mariña de Lesa no Concello de Coirós. Pena Furada ben sendo un enigmático saínte pedregoso nunha ladeira de forte pendente na que conflúen o río Torarou e o río Mendo.
O xacemento, posiblemente da época do Ferro II ou 2ª fase do mundo castrexo, ocupa un pequeno outeiro que foi intervido através de actuacións arquitectónicas ordenadas que monumentalizan todo o lugar e criaron un amplo espazo ritual. Dende os anos 90 era coñecido por unha representación moi pouco habitual: unha figura humana co sexo feminino moi destacado, coñecido como a Moura.
A pena Furada está emprazada nun pequeno esporón granítico que se proxecta sobre o río Mendo. Sitúase a 280 metros sobre o nivel do mar tendo unha visibilidade excepcional: un arco de 30 Km. que alcanza desde o mar até as chairas altas; e unha profundidade de 20 Km.
A Moura está representada nunha pedra central, prominente, regularizada á que o arqueólogo Antón Malde denomina Podio, cunha orientación norte-sur. Esta estrutura conta cunhas escaleiras traseiras, e un pequeno “lacus” no cume.
O conxunto conta cunha primeira porta ou acceso exterior, apenas unha fenda na rocha entre dous pequenos foxos. Unha segunda porta, perfectamente aliñada coa primeira e co podio, conformada por dúas rochas regularizadas. Unha das cais ten no cimo un antropomorfo de factura similar a Moura, cunha orientación norte-sur, só visíbel no solpor.
Unha terceira porta, que da paso a un “balcón” unha pequena estancia que se abre ó monumental Monte do Gato ó cortaren exprofesso as rochas do lado sur.
Regularízanse todo o perímetro do cumio con muros perimétricos de gran cualidade: Están constituídos por sillares, acometendo traballos finos de cimentación, facendo caixas entalladas na rocha “a medida” das pedras que han acoller. Os muros delimitan claramente as aterrazamentos actuando como estruturas de contención e/ou nivelación. As esquinas, como pontos de encontro, apóianse en saíntes naturais pronunciados, nos cais execútanse rebaixes para cimentar a fábrica dos paramentos perimétricos. Nas rochas perimétricas obsérvanse cortes que regularizan a traza ao tempo que a datan de verticalidade. Esta técnica está moi estendida por todo o xacimento. Nestas rochas aparecen traballos de talla específicas, non para criar figuras antropomorfas, senón estruturas labradas na rocha de gran cualidade. Tal é o caso dunhas escadas verticais.
Nun sillar regularizado, na periferia da estrutura muraria, aparece un glifo, está disposto nun afloramento rochoso moi preparado para colocar “a medida” sillares. Este afloramento foi aproveitado para apoiar a esquina dese muro perimétrico. Este glifo parece representar un Lituus, que ben sendo un bastón ritual (logo báculo pastoral) que foi usado (na relixión da antiga Roma) polos augures como instrumento ritual divinatorio para trazar, ao aire libre, un templo (templum) simbólico, delimitando así o campo de observación. Esta función tamén coincide co carácter destes xacimentos, lugar de vaticinio e observación.
No ano 2011, tivo unha importante campaña, a primeira intervención arqueolóxica de Pena Furada, comandada polo arqueólogo Antón Malde e descubridor da figura da Moura na Pena Furada nos anos 90. Esta desenvolvense en dúas fases:
1ª Limpeza do mato groso, realizada por operarios do concello de Coirós e que permitíu facer un levantamento topográfico simple.
2ª A limpeza fina de musgos e pequenos depósitos vexetais que foi realizada por un grupo de 40 voluntarios durante catro fins de semana.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-Datos e textos recollidos da páxina do “Proxecto arqueolóxico de Pena Furada”. http://penafurada.net/
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/COIROS/documents/0130ca004.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.230809353Lonxitude: -8.15116345882
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
anxo says:
Xul 21, 2015
Graciñas polo voso traballo, e moitas veces non destacado, pola conservación do noso patrimonio
elixiovieites says:
Dec 12, 2015
Pena Furada en
http://megaliticia.blogspot.tw/2015/10/penafurada.html
Ver todo o blog en http://megaliticia.blogspot.com.es/