Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Carral
Parroquia: Paleo (Santo Estevo)
Lugar: Ans de Tellado
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Na actualidade, o Castro de Ans atópase moi desfigurado, polo que non é posible describir a traza do mesmo in situ, agás a través das fotografías aéreas do voo americano dos anos 1945-1946. Desfeito polas construcións adxacentes feitas hai anos, unha parte do mesmo está cuberta de maleza e outra edificada nunha parte privada. Non se ten constancia de restos, escavacións ou achados, xa que a presión urbanística foino asoballando, acentuándose nos derradeiros anos coa urbanización e construción de torres de vivendas ó carón. Malia isto, a toponimia dos camiños próximos (Rúa do Castro e Alto do Castro) poden facer referencia á súa existencia.
O castro atópase á beira da estrada nacional N-550 ó seu paso polo pobo de Carral, ó norte do campo de fútbol, e na cara leste do colexio CPI Vicente Otero Valcárcel.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen usoResidencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Presentouse recentemente, durante o período de exposición pública do novo do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Carral, as alegacións correspondentes para incluir no catálogo do patrimonio o Castro de Ans, que non se atopaba recollido.
Os documentos do PXOM pódense acadar na páxina web do Concello de Carral: http://www.carral.es/pxom-carral/.
Referencias bibliográficas:
– SÁNCHEZ-PARDO, José Carlos e FUMADÓ ORTEGA, Iván: Archaeology from Aerial Archives in Spain and Portugal: Two Examples from the Atlantic Seaboard. 2013
– FERNÁNDEZ ANS, Pablo (2015): “Location of hillfort culture settlements by means of aerial archaeology in the municipality of Carral, Galicia”. AARGnews, nº51. Aerial Archeology Research Group. http://www.univie.ac.at/aarg/index.php/AARGnews.html
CARTOGRAFÍA
– Mapa serie 1:25000, Instituto Topográfico Nacional, (folla 45-IV Abegondo)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
O Castro de Ans non se atopa no Inventario de Patrimonio da Xunta de Galicia nin no Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM) do Concello de Carral. Situado no casco urbano de Carral, xunto ó colexio CPI Vicente Otero Valcárcel, atópase en parte edificado. Debido á falta de catalogación e á presión urbanística da zona, con colexio, vivendas e un novo barrio edificado nos últimos anos, considérase en alto perigo de desaparición.
Onde está localizado
Latitude: 43.2248642734Lonxitude: -8.35398736597
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
pablo fernández ans says:
Xuñ 28, 2016
Presentouse recentemente, durante o período de exposición pública do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Carral, as alegacións correspondentes para incluir no catálogo do patrimonio o Castro de Ans, que na actualidade non se atopa recollido.
Os documentos do PXOM pódense acadar na páxina web do Concello de Carral: http://www.carral.es/pxom-carral/.