
Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Meira
Parroquia: Meira (Santa María)
Lugar: Irimia alta
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Nesta paraxe situada na Serra de Meira é onde se produce o nacemento do río Miño, porén, este tema non está exento de polémica xa que hai quen defende o seu nacemento na Lagoa de Fonmiñá, na Pastoriza.
O lugar, a morrena dun antigo glaciar, semella un auténtico río de pedras que baixa polo monte abaixo durante 700 metros ata desembocar nun pequeno rego por onde flúe a auga.
Nas cercanías hai un espazo de lecer habilitado con mesas.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2129174441Lonxitude: -7.26273536682
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Ulmo de Arxila says:
Out 21, 2011
O lugar tem muita tradiçom oral relacionada com o tema das mouras com pedras na cabeça, a Cailleach Bhearra/Orca Velha etc. Umha aproximaçom a ela: http://antonioreigosa.blogspot.com/2009/10/pedras-e-lendas-sobre-o-pedregal-de.html
lourixe says:
Mar 6, 2013
Terei que investigar no concello a titularidade do terreo (privada/pública/comunal, non o teño tan seguro porque alí había monte veciñal que foi dividido) e o grao de protección. A lagoa de Fonmiñá (Pastoriza) e o manancial de Irimia (Meira) son augas do mesmo acuífero, a rivalidade entre nacementos politizouse demáis. Os dous son espazos naturais dignos de conservación.
Teño visto gando pacendo alí, a pasturaxe non é un uso agrícola? Estoume estreando aquí e non atopo FAQs onde consultar as cousas; o enlace ao foro non vai