
Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Oia
Parroquia: Mougás (Santa Uxía)
Lugar: Mougás - Pedra Lan - Bouza Fariña
Outra denominación do ben: Bouza Fariña
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Nunha superficie de 4,5 x 3,5m gravados aproximadamente, ubicada nun conxunto granítico que destaca na paisaxe.
Na zona Sur, unha combinación de coviñas, liñas rectas e curvas definen unha figura circular radiada con trazos que saen fóra dela. Esta figura asóciase, mediante surcos, cun círculo simple cheo de coviñas no seu interior; dela un surco a conecta cunha figura de aspecto triangular. No centro do panel atópanse dúas figuras circulares compostas por dous círculos concéntricos, unha con coviña central e a outra con numerosas coviñas no seu interior. Esta última se asocia con outra de tres círculos concéntricos e coviña central da que sae un surco que termina arredor dun grupo de coviñas. Pero a figura máis curiosa vén ser unha composta por tres círculos concéntricos sen pechar, cos extremos reflectindo a mesma técnica que presentan as figuras labirínticas; presenta surco de saída/entrada e o seu interior cheo de coviñas.
Na zona Norte se identifica unha figura cadrangular coa mitade axadrezada e a outra mitade valeira. Coviñas e algún círculo illado completan o respertorio desta interesante estación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36036ACH-3
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
VERDE ANDRÉS, Cándido e COSTAS GOBERNA, Fernando Javier: “¿Unha nova embarcación na costa de Oia? A singularidade da figura dun petróglifo de Mougás e outras novidades na serra da Grova. (Oia, Pontevedra)”, en GLAUCOPIS, Instituto De Estudios Vigueses N14 2008/2009 (p. 223)
[www.ievigueses.com/publicacion/items/glaucopis-boletin-do-instituto-de-estudios-vigueses-n-14.html?file=tl_files/uploads/Publicaciones/interior%20boletin%2014.pdf]
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OIA/documents/0856CA001.PDF (p. 12)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OIA/documents/0856ME010.PDF (p. 13)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0558171945Lonxitude: -8.87504070997
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Xabi Garrido says:
Ago 26, 2015
A parroquia donde está situado este petroglifo, chámase Mougás, Concello de Oia,
CarmenLago says:
Set 21, 2015
Grazas Xabi, correxino nos dous artigos.
🙂