Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Castelo,
Concello: Carral
Parroquia: Paleo (Santo Estevo)
Lugar: Fócanos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

As referencias documentais son descritas polo historiador Sánchez Pardo, e podería corresponderse ós restos dunha torre ou fortaleza, aínda que tamén podería vencellarse a outro tipo de asentamento castrexo. A inspección de campo fíxose baseándose nos arquivos aéreos do voo americano, observando unha zona elevada cunha liña de talud. Nesta inspección atopáronse restos cerámicos en fase de catalogación.

Considérase que este elemento Fortaleza O Castelo precisa dunha análise de recollida de datos máis precisa para o inventariado do mesmo, sendo a referencia toponímica o lugar próximo chamado O Castelo.

Está situado xunto á estrada que comunica os lugares de Montecelo e Outra Aldea, preto da estrada N-550 ó seu paso por Ans de Tellado.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SÁNCHEZ-PARDO, José Carlos e FUMADÓ ORTEGA, Iván (2013): “Archaeology from Aerial Archives in Spain and Portugal: Two Examples from the Atlantic Seaboard”. Archaeology from Historical Aerial and Satellite Archives. D.O.I. 10.1007/978-1-4614-4505-0 (pp. 179-197).
– FERNÁNDEZ ANS, Pablo (2015): “Location of hillfort culture settlements by means of aerial archaeology in the municipality of Carral, Galicia”. AARGnews, nº51. Aerial Archeology Research Group. http://www.univie.ac.at/aarg/index.php/current-issue.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2156077551
Lonxitude: -8.36157327893
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84