Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo, Paisaxe natural,
Concello: Gondomar
Parroquia: Chaín (Santa María)
Lugar: O Castelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Un coto é un outeiro sobre o que hai bloques ou bolos de pedras dispersos. Sobre estas pedras podemos ver outras moitas formas esculpidas, como pías, asentos, covas, etc.
O coto dos Abades é un dos máis sobranceiros desta parroquia de Chaín. Nel aínda podemos ver as marcas do que foi a base da construción dun castelo medieval no seu curuto que, posiblemente, fora o Castelo de Morgadáns. Os restos falan dunha construción de planta cadrada duns 8 ou 9 metros de ancho.
Esta torre, da que se ten constancia escrita dende o século XII, formaría parte dos castelos da Terra de Turonio: o castelo de Sobroso (Mondariz), o Castelo de Entenza (Salceda de Caselas) e o Castelo de Santa Helena (Parada-Gondomar).
Na escavación de 1985 atopáronse fragmentos cerámicos de tipoloxía medieval.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36021060
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://pxom.concellodegondomar.info/PXOM/09-CATALOGO/FichaPlanoArqolx/FichasArqueoloxia.pdf (Ficha 03.13 – Páxinas 33 e 34)

BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (2018). Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Ed: IEM – Instituto de Estudos Miñoráns
MIRAMONTES CASTRO, MARGARITA e GONZÁLEZ MARTÍNEZ, PURIFICACIÓN. “Os cotos de Chaín”. Cadernos do IEM. nº 10. Val Miñor. 2006


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1189474293
Lonxitude: -8.74062985182
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84