
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Avión / Ribeiro (comarca)
Parroquia: Barroso (Santa Baia)
Lugar: Barroso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa construida no ano 1622 e reformada no 1767. Feita en cadeirado granítico de boa factura, con planta de cruz latina e teitume a dúas augas, agás no presbiterio que é a catro, con remates en pináculos de bola. Sancristía adosada no muro lateral.
Na súa fachada principal podemos ver a porta de aceso enmarcada con pilastras, unha pequena fiestra cadrada a modo de ocelo e remate en espadana de dous ocos.
Nun dos laterais da igrexa destaca un escudo dos Condes de Ribadavia.
No interior destacan varias tallas en madeira de época barroca, entre elas a da patroa santa Baia, unha da Inmaculada, un San Xoán Bautista, San Bieito, …
A igrexa posúe tamén un vía crucis no muro de peche que rodea á igrexa e polo camiño de aceso á mesma.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AVION/documents/26214ca013.pdf (Páxina 2)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AVION/documents/26214ca013.pdf (Páxina 5)
http://www.concelloavion.org/htm/gal/turgal_02.htm
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=22033&ctre=31
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3590314875Lonxitude: -8.2396119833
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84