Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Castroverde
Parroquia: Vilariño (Santiago)
Lugar: Vilariño-Castroverde
Outra denominación do ben: Torre da Fortaleza
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

O castelo levantado sobre un castro presenta unha planta con forma de polígono irregular, aínda que faltan os ángulos do nordeste e do sudoeste. Seguramente eses ángulos estarían defendidos por torreóns de base circular, como está o que permanece no noroeste. O muro que cingue o recinto conta cun espesor de un metro e medio e atinxe os catro metros de alto. Sobre este muro desenvolvíase o camiño de rolda que comunicaba os torreóns defensivos saíntes que defendían os vans e que estarían coroados pola ameaxe, á que se achegaba, por medio dunhas escaleiras arrimadas, dende o patio de armas. De treito en treito, este muro contaba con fachinelos. Dentro do recinto, concéntrico cos muros Norte e Oeste de 3,50 metros de altura está o patio de honra en forma rectangular de 24×21 metros, comunicando coa Torre da Homenaxe, a principal construcción da noutrora poderosa fortaleza.
Esta Torre preséntase cunha planta rectangular de 10,80 metros de lonxitude no seu eixo maior e 9,70 metros, no menor, cun grosor nos muros de 1,80 metros e unha altura na actualidade de pouco máis de vinte metros. Esta torre tivo catro andares, sen contar a planta superior: na parte baixa está o soto, no primeiro andar hai dúas portas, no segundo unha latrina saínte, no terceiro unha xanela con mainel e no cuarto unha seteira. Unha das portas do segundo andar comunicaba co patio de honra, a cinco metros por enriba da praza: amosa un arco de medio punto cun tímpano no que hai esculpida unha figura dun gaiteiro, apoiada sobre ménsulas con relevos moi erosionados. A outra porta, máis pequena e estreita que a anterior, comunicaba co patio de armas e ten un arco de descarga semicircular acubillado nun tímpano no que se debuxa o relevo da pedra armeira dos Castro.
A torre construída con mampostos irregulares consérvase case íntegra, agás das ameas conservando as barbacás. Como todas estas construccións, a fortaleza de Castroverde tamén posuía pasadizos e subterráneos, como proba o casual achádego dunha cisterna cuberta con bóveda de canón con acceso por enriba e unhas dimensións de 6 metros de longo por 3,70 metros de ancho e 5 de atura. Segundo Ángel del Castillo esta construcción está a uns 200 metros, ó Norte do castelo, polo que seguramente comunicaría con el por medio dalgún pasadizo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA-27001089
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-BOGA MOSCOSO, R.: “Guía dos Castelos medievais de Galicia”. Edicións Xerais de Galicia, 1º edición, 2003.
-DEL CASTILLO, A.: “Fortalezas Antiguas de Galicia”. Boletín de la Real Academia Gallega. Inventario de la riqueza monumental de Galicia, Fundación Barrie de la Maza, A Coruña, 1981.
-VÁZQUEZ SEIJAS, M.: “Fortalezas de Lugo y su provincia”, Tomo I, Deputación de Lugo, 1955.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CASTROVERDE/documents/26345ca390.JPG


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0323881713
Lonxitude: -7.32646465302
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84