Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Sada
Parroquia: Osedo (San Xulián)
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos con voo. O pedestal é cúbico rematado cun moldurado que soporta un varal cadrado con chafrán. Leva un capitel octogonal con astrágalo octogonal e liso, ábaco con lados curvos e vértices achafranados. Ademais ten volutas, follas de “acacia” e catro cabezas de anxos con ás. A súa cruz é cuadrangular cos brazos en mediacana e con remates florenzados con botón central. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar e cos dedos das mans entrelazados sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volumen III. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SADA/documents/0350CA001.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.338723986
Lonxitude: -8.27051371336
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84