
Outra fotografía:
Tipo de ben: Necrópole,
Concello: Sober / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: Proendos (Santa María)
Lugar: Proendos
Outra denominación do ben: Campo das Olas (contiguo)
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Finca próxima á reitoral de Proendos onde apareceron restos de enterramentos catalogados como medievais. No muro de peche do camiño apareceron tres sepulturas de laxas de lousa e campás tipo “cencerro”, ósos e fragmentos cerámicos. Actualmente, os restos conservados atópanse depositados no Museo Provincial de Lugo.
A carón consérvase o topónimo “Campo das Olas”.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA2705915
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Canta a xente de Proendos unha canción sobre o achádego das tumbas, que segundo din tamén estaba no repertorio dunha orquestra. A canción toma unha melodía popular e fai referencia ao achádego específico das tumbas: “Escarabellando sempre, okeirí, okeirá, no medio dos murarellos, okeirí, okeirá, atoparon unha momia na parroquia de Proendos”.
* Canción completa en: http://coladodovento.blogspot.com.es/2009/01/un-pouquino-de-tradicion-oral-ii.html
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
LÓPEZ GARCÍA, Juan Carlos. “Prospección Intensiva para a delimitación de Proendos” (memoria)
ENLACES WEB:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SOBER/documents/27182CA447.pdf
OBSERVACIÓNS
Vázquez Seijas aporta datos sobre ela, mencionando o seu descubrimento no transcurso duns sondeos realizados por el mesmo e outros colaboradores. Se ben non aporta adscrición cultural, supóñense medievais, cando menos algunhas delas (outras, segundo as descricións facilitadas, ben poderían pertencer aínda á época romana, aínda que xa tardía)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.452315182Lonxitude: -7.5832003355
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
6 comentarios
Oscar Franco says:
Ago 23, 2019
A prensa dixital do 22 de agosto de 2019 recolle a próxima actuación arqueolóxica neste lugar:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/sober/2019/08/22/georradar-buscara-rastro-poblado-romano-proencia/0003_201908M22C8991.htm
Oscar Franco says:
Xan 20, 2020
A prensa dixital do 17 e 18 de xaneiro de 2020 fala dos novos achádegos realizados neste lugar:
http://xornaldelemos.gal/medio-ambiente-patrimonio/16851-unha-posible-vila-romana-soterrada-en-proendos-sober/
https://historiadegalicia.gal/2020/01/atopada-unha-pequena-cidade-romana-soterrada-na-ribeira-sacra/
Oscar Franco says:
Xan 21, 2020
Novas referencias web sobre este lugar:
https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=25&id=12 (web con varias lendas sobre o lugar)
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=30656
Oscar Franco says:
Xul 20, 2020
A prensa dixital do 17 de xullo de 2020 recolle a nova da volta dos traballos arqueolóxicos ataeste lugar:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/sober/2020/07/17/sober-prepara-excavar-poblacion-romana-proendos/0003_202007M17C3991.htm
Oscar Franco says:
Set 8, 2020
A necrópole volve a ser nova na prensa dixital do 4 de setembro de 2020:
https://www.elcorreogallego.es/galicia/la-mitica-proentia-romana-de-sober-quiere-ver-la-luz-LG4459269#:~:text=Los%20arque%C3%B3logos%20de%20la%20empresa,estas%20f%C3%A9rtiles%20tierras%20de%20Sober.
Oscar Franco says:
Feb 12, 2023
Patrimonio respaldará una cuarta campaña arqueolóxica neste lugar. Así o recolle a prensa dixital do 9 de febreiro de 2023:
https://www.elprogreso.es/articulo/ribeira-sacra/patrimonio-respaldara-cuarta-campana-arqueologica-proendos/202302091418521638756.html