Outra fotografía:

Tipo de ben: Necrópole,
Concello: Sober / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: Proendos (Santa María)
Lugar: Proendos
Outra denominación do ben: Campo das Olas (contiguo)
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Finca próxima á reitoral de Proendos onde apareceron restos de enterramentos catalogados como medievais. No muro de peche do camiño apareceron tres sepulturas de laxas de lousa e campás tipo “cencerro”, ósos e fragmentos cerámicos. Actualmente, os restos conservados atópanse depositados no Museo Provincial de Lugo.

A carón consérvase o topónimo “Campo das Olas”.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA2705915
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Canta a xente de Proendos unha canción sobre o achádego das tumbas, que segundo din tamén estaba no repertorio dunha orquestra. A canción toma unha melodía popular e fai referencia ao achádego específico das tumbas: “Escarabellando sempre, okeirí, okeirá, no medio dos murarellos, okeirí, okeirá, atoparon unha momia na parroquia de Proendos”.
* Canción completa en: http://coladodovento.blogspot.com.es/2009/01/un-pouquino-de-tradicion-oral-ii.html


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
LÓPEZ GARCÍA, Juan Carlos. “Prospección Intensiva para a delimitación de Proendos” (memoria)

ENLACES WEB:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SOBER/documents/27182CA447.pdf

OBSERVACIÓNS
Vázquez Seijas aporta datos sobre ela, mencionando o seu descubrimento no transcurso duns sondeos realizados por el mesmo e outros colaboradores. Se ben non aporta adscrición cultural, supóñense medievais, cando menos algunhas delas (outras, segundo as descricións facilitadas, ben poderían pertencer aínda á época romana, aínda que xa tardía)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.452315182
Lonxitude: -7.5832003355
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84