Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Carral
Parroquia: Cañás (Santa Baia)
Lugar: Bailía, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O Castro Lourido sitúase a uns 134 metros de altitude. Na inspección feita no terreo non se atoparan trazas do mesmo por mor do seu estado, cuberto de maleza.

Xunto o camiño de acceso atopouse unha pedra de 4-5 centímetros de forma redondeada, pero non pode asegurarse a súa relación co castro; facéndose necesaria unha pesquisa da tradición oral da veciñanza.

As única referencia existente do castro é a documental, feita polo historiador Sánchez Pardo segundo se indica na bibliografía adxunta.

O emprazamento do castro sitúase xunto á pista forestal que sae da estrada Carral-Aquelabanda, a man esquerda. A pista ascende ata o curuto do monte, onte se sitúa o castro. No Mapa Topográfico Nacional indica a presenza de minas, chamadas “Covas do Lourido”.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: sen catalogar
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SÁNCHEZ-PARDO, José Carlos e FUMADÓ ORTEGA, Iván (2013): “Archaeology from Aerial Archives in Spain and Portugal: Two Examples from the Atlantic Seaboard”. Archaeology from Historical Aerial and Satellite Archives.

– FERNÁNDEZ ANS, Pablo (2015): “Location of hillfort culture settlements by means of aerial archaeology in the municipality of Carral, Galicia”. AARGnews, nº51. Aerial Archeology Research Group. http://www.univie.ac.at/aarg/index.php/AARGnews.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2280913098
Lonxitude: -8.34042549133
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84