Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Carral
Parroquia: Paleo (Santo Estevo)
Lugar: Paleo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O Castro de Paleo é un castro a media ladeira situado a unha altitude de 200 metros. Na actualidade atópase cuberto de maleza e non se recoñecen as trazas do mesmo. As referencias ó castro atópanse na publicación de Alfredo Erias Martínez, quen achou restos de catillus de muiño de man no sitio.

O castro está relacionado coa igrexa de Paleo e unha necrópole tardoromana/altomedieval, situada ó norte, xunto ó cruceiro á beira da estrada, segundo os estudos do historiador Alfredo Erias Martínez.

Atópase á beira da estrada que cara ó sur comunica Paleo con Ans de Tellado. Aparece sinalado no Mapa Topográfico Nacional (situado uns metros máis ó Sur, xunto o cruce coa estrada CP-2104, onde existe na actualidad unha construción), pero non se atopa catalogado no Inventario da Xunta nin no PXOM do Concello de Carral.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: non catalogado
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Según recolle Alfredo Erias Martínez: “…outras persoas posteriormente, que alí estivera o pobo antigo de Carral e que máis tarde, ó construirse a actal estrada A Coruña-Santiago máis ó E do camiño antigo, ese pobo trasladaríase tamén cara a esa zona, quedando a antiga ubicación sen casas e só coa igrexa e o cruceiro semiabandonados. Pero algúns vellos din máis: sosteñen que o antigo Paleo desapareceu porque se afundiu a terra”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– ERIAS MARTÍNEZ, A. (1990). O xacemento arqueolóxico de Paleo (Carral). Dun machado da cultura megalítica a unha necrópole tardoromana e/ou altomedieval. Anuario Brigantino, nº13.
– SANCHEZ PARDO, J.C. (2008). Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y plena Edad Media. Tese doctoral Universidade Santiago de Compostela.
– FERNÁNDEZ ANS, Pablo (2015): “Location of hillfort culture settlements by means of aerial archaeology in the municipality of Carral, Galicia”. AARGnews, nº51. Aerial Archeology Research Group. http://www.univie.ac.at/aarg/index.php/AARGnews.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Non se atopa inventariado nin no catálogo da Xunta nin no PXOM, existindo unha construción feita recentemente xunto ó castro.


Onde está localizado

Latitude: 43.2223757527
Lonxitude: -8.36840629578
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84