Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Abegondo
Parroquia: Sarandós (Santa María)
Lugar: Bordelle
Outra denominación do ben: Monte do Castro
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O Castro de Bordelle é un castro elevado que se sitúa no curuto dun outeiro a 235 metros de altitude. Distínguense as trazas do castro nas fotografías aéreas do voo americano dos anos 1956-1957. Porén, na actualidade está cuberto de maleza e non se distingue o contorno do mesmo. As dimensións aproximadas son de 100 x 58 metros.

Segundo a descrición que recolle a ficha do catálogo do PXOM de Abegondo, “Este xacemento foi gravemente alterado, o que nos impide facer unha reconstrución da súa morfoloxía orixinal. Debeuse tratar dun pequeno recinto de forma ovalada que aproveitaba a forte pendente, polo norte e oeste, como defensa natural. Semella que polo sur e leste existen restos dun pequeno parapeto cortado pola pista da concentración. A pista da concentración parcelaria cortou o xacemento polo extremo sueste”.

Atópase á beira dunha pista forestal que discorre entre Bordel e Bordelle.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15001015
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– FERNÁNDEZ ANS, Pablo (2015): “Location of hillfort culture settlements by means of aerial archaeology in the municipality of Carral, Galicia”. AARGnews, nº51. Aerial Archeology Research Group. http://www.univie.ac.at/aarg/index.php/AARGnews.html

LIGAZÓN WEB:
http://www.abegondo.es/fileadmin/user_upload/documentos/PXOM/PXOM12/09_Tomo_IX_a_AR_catalogo_de_proteccion_arqueoloxicafdo.pdf (p. 76)

https://gl.wikipedia.org/wiki/Castro_de_Bordelle


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2123294282
Lonxitude: -8.34003925323
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84