Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Carral
Parroquia: Tabeaio (San Martiño)
Lugar: Gosende
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Na actualidade, o castro de Gosende está cuberto de maleza e ten unha construción no contorno. Cara ó sur linda coa estrada indicada estrada que comunica Altamira con Gosende, atopándose á súa beira, e pola banda oeste cae en noiro, cun desnivel dun par de metros, lindando cunha finca rozada no día da inspección de campo (xuño 2015), tal e como amosa a fotografía.
A situación exacta do castro, segundo as fotografías aéreas dos anos 1956-1957, difiren da indicada no PXOM de Carral. Neste último aparece situado máis ó leste, cando a cartografía parece situalo xusto onde se atopa unha vivenda en planta baixa; polo cal sería necesario unha investigación máis precisa do seu emprazamento.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalResidencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Visitando o veciño castro de Tabeaio, o veciño Antonio Morandeira, quen fora xardineiro no Instituto da Laboral do Burgo, fala de que de neno ían xogar a este castro de Gosende, que tiña unhas murallas e era máis grande que o de Tabeaio.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
FUMADÓ ORTEGA, Iván; SÁNCHEZ-PARDO, José Carlos (2013): Archaeology from Aerial Archives in Spain and Portugal: Two Examples from the Atlantic Seaboard.
FERNÁNDEZ ANS, Pablo (2015): “Location of hillfort culture settlements by means of aerial archaeology in the municipality of Carral, Galicia”. AARGnews, nº51. Aerial Archeology Research Group. http://www.univie.ac.at/aarg/index.php/current-issue.html
PXOM Concello Carral: www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARRAL/documents/0112CA003.PDF
(p. 2)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2571876971Lonxitude: -8.356153965
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84