Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Carral
Parroquia: Tabeaio (San Martiño)
Lugar: Esperón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Situado xunto á estrada do Corpo Santo que enlaza coa N-550 ó seu paso por Tabeaio, o castro sitúase nunha chaira de 90×60 m. aproximadamente, atopándose no día da inspección (xuño 2015) completamente accesible. Polas beiras N-L-O presenta taúdes de un par de metros, estando aberto hacia o val pola banda Sur, delimitando cunha vivienda de recente construción. Non se atoparon restos en superficie o día da inspección.
Atópase catalogado no PXOM de Carral e no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: RI.000003308
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Visitando castro de Tabeaio (xuño 2015), o veciño Antonio Morandeira, quen fora xardiñeiro no Instituto da Laboral de O Burgo, fala de que de neno ían xogar a este castro, que tiña algunhas murallas, e tamén ó de Gosende, e era máis grande que o de Tabeaio.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– FERNÁNDEZ ANS, Pablo (2015): “Location of hillfort culture settlements by means of aerial archaeology in the municipality of Carral, Galicia”. AARGnews, nº51. Aerial Archeology Research Group. http://www.univie.ac.at/aarg/index.php/AARGnews.html
– Delimitación do Camiño Ingles de Santiago. http://ficheiros-web.xunta.es/patrimonio/DELIMITACION_CINGLES/18_CARRAL.pdf
– Catalogado no PXOM do Concello de Carral, 1993, con nivel de preotección 9. www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARRAL/documents/0112CA003.PDF
– Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia. http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Se ben os terreos do castro parece que foron comprados polo Concello de Carral, as derradeiras novas do ano 2007 (http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/02/03/5513236.shtml) indican que a intención do Concello é adicalo a zona de esparcemento e disposición de mobiliario urbán.
Considérase innecesaria a creación dun área de esparcemento ou parque nunha zona rural como esta, na que a riqueza natural do entorno e xa dabondo para o ocio común, tendo en conta que existen outras áreas de ocio deterioradas por falta de mantemento. Esta xeración dun espazo público innecesario xeraría unha alteración e ensuxamento na croa do castro.
Posiblemente a mellor protección do castro sería non intervir nel, e facer sinxelamente labouras de desbroce, a non ser que se fagan excavacións arqueolóxicas e a súa posta en valor como elemento cultural, para o cal fai falla dotación presupuestaria.
Onde está localizado
Latitude: 43.251097824Lonxitude: -8.35947453976
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
eamigo says:
Feb 13, 2017
Para máis información, pódense consultar as seguintes ligazóns:
https://castrodastravesas.wordpress.com/2016/03/13/castros-no-camino-ingles-mais-que-proximidades-hillforts-on-the-english-way-something-more-than-a-matter-of-proximity-i/
https://castrodastravesas.wordpress.com/2016/02/28/castro-das-tabeaio-lugar-arqueoloxico-vistabel-tabeaio-hillfort-place-open-to-visitors/