Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Bergondo
Parroquia: Lubre (San Xoán)
Lugar: Obra do Pano
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular dun chanzo e pedestal cúbico. Ten un varal cadrado con chafráns e cun pedestal cuadrangular e liso. Non ten capitel e a súa cruz é rectangular. Polo anverso da cruz presenta unha imaxe esculpida en baixorrelevo de Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación.
Na noite do día 12 do mes de nadal, un xove conductor choca contra o cruceiro debido o deslumbramento doutro que viña de fronte, esnaquizándoo en tres cachos. Pendente de restauración.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volumen I. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Si, calquer coche, camión, etc pode levalo por diante.
Onde está localizado
Latitude: 43.3269178971Lonxitude: -8.27791124582
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
Oscar Franco says:
Out 21, 2016
Enlace web sobre este cruceiro, que o localiza cronoloxicamente no século XVIII:
http://cruceirosdegalicia.blogspot.com.es/2007/12/cruceiro-de-pao-de-obra-lubre-bergondo.html
Oscar Franco says:
Dec 14, 2018
A prensa escrita do 12 de decembro de 2018 recolle a triste nova do derrube do cruceiro por parte dun conductor:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2018/12/12/localizan-conductor-fugo-tras-derribar-cruceiro-bergondo/0003_201812201812121544612866852.htm?fbclid=IwAR3rGmTNWQhNbv2_ShCeB1E2pjt86ISdO4Hv4tObAs-2zVvuRJwOVg7jZ74
Oscar Franco says:
Dec 19, 2019
O Concello de Bergondo anuncia o arranxo deste cruceiro. A nova aparece nas súas redes sociais.
Oscar Franco says:
Xan 27, 2020
A prensa dixital do 25 de xaneiro de 2020 da conta da finalización da restauración deste cruceiro.
https://www.elidealgallego.com/articulo/area-metropolitana/bergondo-completa-proceso-restauracion-cruceiro-obra-pano-danado-2018/20200124204737426464.html