Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Coristanco
Parroquia: Traba (Santa María)
Lugar: Cerqueirás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” sen plataforma e cun pedestal dunha peza tosca sen labrar. Ten un varal octogonal que comenza en cadrado que soporta un capitel cilíndrico que remata en cadrado. A súa cruz é cuadrangular cos brazos achafranados. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita sen coroa de espiñas. O seu pano de pureza vai sen nós. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas. O conxunto ven sendo dunha imaxe acubillada nun fornelo. O Cruceiro é unha mestura de granito e formigón; pedestal e varal de granito e capitel, cruz e imaxes de formigón. Ten unha conservación de regular a mala.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volumen I. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1735009663Lonxitude: -8.71489942074
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84