Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Condado (comarca) / Mondariz
Parroquia: Riofrío (San Miguel)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O templo, que data de 1705, foi construído sobre unha igrexa románica anterior. Feita en perpiaño granítico, posúe planta rectangular rematada nunha cabeceira cadrada. A sacristía é cuadrangular e está pegada ao muro sur.
Presenta porta alintelada recercada de molduras acodadas, flanqueadas por pilastras acanaladas, frixo e frontón triangular co piñón matado. No seu tímpano ábrese unha pequena fornela avieirada, enmarcada por un friso de follas esculpidas en relevo. Sobre o frontón hai unha ventá rectangular. Toda a fachada está enmarcada con pilastras coroadas con pináculos e leva unha espadana central de tres corpos con dobre van de tres campá e escaleira exterior de aceso.
O único elemento románico que conserva esta igrexa é unha cruz antefixa situada no piñón da sancristía que, posiblemente, sexa do século XII.

Posúe no seu interior retablos de finais do século XVII ou principios do XVIII.

Do antigo templo románico se conservan dous fragmentos de dinteis (un deles cunha inscrición do ano 1164), un capitel e unha base dunha columna altomedieval, todos eles depositados nos xardíns do Gran Hotel Balneario de Mondariz.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.alternativapormondariz.org/pxom/PxomMONDARIZ.htm (PXOM ano 2012. Tomo 5 – Ficha A_016 – Páxina 44)
http://www.romanicodigital.com/documentos_web/pdf/PDF%C2%B4S_VISOR%20On-Line%20Abierto/PONTEVEDRA/Riofr%C3%ADo.swf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.238959384
Lonxitude: -8.46425235271
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84