
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Bergantiños (comarca) / Carballo
Parroquia: Sofán (San Salvador)
Lugar: A Ramiscosa
Outra denominación do ben: Castro de Guntián / Castro Grande
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Aínda que na ficha do Pxom de Carballo do ano 2015 catalógase o asentamento co nome de Castro de Guntián, cremos que polas pequenas dimensión do recinto fortificado, de aproximadamente 22 metros de diámetro na parte central da croa, este responde á estrutura dun castelo ou mota altomedieval, das cales non hai moita documentación. A zona central elevada sería o sitio indicado para levantar unha atalaia ou pequena torre de control do territorio e as rutas das terras pertencentes a un couto ou xurisdicción. Esta mesma técnica construtiva rodeando unha croa central, sobresaínte da contorna ou en lixeira pendente mirando a un val, e dotándoa dun parapeto e foso, ou dous parapetos concéntricos cun foso central, vémola noutros recintos coas mesmas características na zona da Barcala e Costa da morte, coma o Monte do Castelo de Broño en Negreira, o Castelo do Pazo en Bembibre, As Cercas e o Prado das Torres en Serramo (Vimianzo) e Monte das Cercas en Brantuas de Abaixo (Ponteceso) por citar algunhas da zona contextual en que esta se atopa, o noroeste galego. Neste caso a croa sobresaínte está protexida de modo natural na banda noroeste polos noiros que caen en forte pendente cara o río Carral. Segundo podemos ler na ficha do catálogo arquolóxico. “…De NL. a S. artéllanse dous parapetos de 1,5 metros e 4 metros de altura respectivamente. Este sistema refórzase cun dobre foxo. Ten tres portas, a de maior interese e a do NL que ofrece paso entre dúas moreas de pedra. Presenta un poderoso sistema defensivo debido a especial morfoloxía do seu asentamento”. Na zona oeste, cruzando o río hai un topónimo que podería facer referencia a unha zona de control ” Os Cuarteles “.
Pola situación na que se atopa podería corresponderse coa torre de Asperón documentada entre os lugares de A Ramiscosa e Guntián, e que xunto coa de Pardiñas eran fortalezas medievais documentadas nas terras de Carballo.
A imaxe secundaria desta ficha é un LIDAR- PNOA cedido por ING-Xunta de Galicia.Instituto de Estudos do Territorio (IET)
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA 15019018
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
As lendas din que nesta zona vivían os “xentís”, persoas de grandes dimensións que habitaban alí sen relacionarse co resto da veciñanza.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.pxomcarballo.org/pxom-aprob-feb2015/10_Tomo%20Xa_Catalogo%20de%20proteccion.pdf
pax. 58 do pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1900807298Lonxitude: -8.61615657806
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
elixiovieites says:
Ago 15, 2015
Para fecer unha ruta por preto deste castelo, ver : “castros e torres máxicas”
http://turismocarballo.org/info.php?id=228&idioma=gl&sec=59
Pablo says:
Mai 9, 2021
El acceso está algo cerrado por maleza, pero se puede recorrer con relativa facilidad todo el recinto.
No ví las “moreas de pedra” a que se alude en la Descripción, seguramente las pasé por alto por estar ocultas por la vegetación que cubre todos los restos. En cambio, sí se aprecian bien los dos parapetos defensivos.