Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Soutomaior
Parroquia: San Salvador de Soutomaior
Lugar: Soutomaior
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Construíse nun lugar elevado do terreo, neste caso sobre o monte do Viso, a 119 metros sobre o nivel do mar, un punto estratéxico de conexión da Galiza suroccidental coa central na confluencia dos ríos Oitavén e Verdugo, enclave natural de enigmática beleza testemuña desta conexión e protector do edificio de ataques normandos, turcos e piratas. A súa fundación hai que vincula-la a Don Pax Méndez Sorrede, que viviu en tempos de Afonso VII (1126-1157) e de Don Fernando de León (1157-1188) que foi o primeiro en utilizar o apelido Soutomaior. Segundo a documentación escrita, éste poblou o seu Souto chamándolle o Maior. A familia Soutomaior sería unha das linaxes que participaría na Baixa Idade Media nos acontecementos políticos cruciais da historia de Galiza, caso dos enfrentamentos co clero, con participación tamén na revolta Irmandiña do 1467 e nos problemas sucesorios de Enrique IV de Castela. Esto significa que a Casa Soutomaior era un potente bastión de nobleza e poder. Entre os membros máis célebres desta familia aparecen Pax Gómez de Soutomaior, pola súa pericia política, ou Pedro de Soutomaior, o máis renombrado membro desta estirpe, coñecido como Pedro Madruga, conde de Caminha, que pasou á historia como unha personaxe cargada de misterio e de lenda.
É unha edificación con doble perímetro amurallado, de planta oval e forma irregular que responde as necesidades do terreo. No primeiro cinturón ábrense duas entradas, a de sur é a que se utiliza hoxe como acceso público, sendo a primitiva a do lado oposto. Parece máis un pazo que un castelo.
Duas partes compoñen o complexo fortificado, a torre e o pazo adosado á mesma. Hai que destacar a ponte levadiza que comunica coa torre e que supón un elemento importante na súa defensa. A profusión das aspilleiras e vans que existen nos seus muros e torres son máis de tipo decorativo que defensivo.
A torre da homenaxe consta de varios andares. A súa estrutura é rectangular e os seus muros de enorme grosor, sobre todo na planta baixa. A entrada está situada no primeiro andar, onde se acha a ponte levadiza. A última parte destinábase á almacenaxe. Esta torre é a parte máis antiga do edificio.
Quizais a primeira fábrica comenzase en tempos de Pax Méndez Sorrede, no século XII, aínda que descoñecemos si se proxectaba sobre un edificio preexistente. Un dos indicios que nos levan a pensar esto é o tipo de labra no paramento da torre principal, onde atopamos bastante erosionados e irregulares os pequenos sillares, superpostos a soga e tizón, a mesma técnica que se empleou nas torres fronteirizas portuguesas de comenzos e finais do século XII.
A Revolta Irmandiña de 1467, supuxo para o castelo un duro golpe, tras o cal foi inevitábel unha intervención na segunda metade do século XV. Nestos tempos trázase o segundo cinturón amurallado, non se sabe si substituindo a outro ou se sería construído ex novo, posto que non aparece ningún resto anterior. A partires desta fase atopámonos ante a mencionada edificación con doble perímetro amurallado, de planta oval e forma irregular. Nesta muralla preséntanse novidades construtivas, caso das troneiras, o que revela a existencia de comunicacións interiores, hoxe tapiadas. Aínda que non o sabemos con exactitude que partes se derruiron tralo citado conflicto, sí sabemos que a destrucción non foi total, posto que aínda hoxe aprécianse muros da época anterior. Outra importante intervención construtiva foi a realizada polos marqueses da Vega de Armijo no 1870, que renovaron tanto o interior como o exterior. Os novos propietarios aceptan un deseño moi considerado polas correntes construtivas do momento, como son os historicismos arquitectónicos: unha ollada ó pasado medieval, impulsada polo romanticismo. O novo aspecto do edificio sería o dunha vivenda pacega neogótica. Ábrense galerías, portas e fiestras con arcos oxivais ó exterior; no interior constrúense novas escaleiras, unha capela, salóns con artesonado de madeira e chemineas. En canto ás murallas, constrúese a maior parte do parapeto e almeas do recinto exterior. Os parapetos almenados, seteiras e gárgolas que rematan os muros exteriores tamén son deste tempo. Aínda que hoxe descoñecemos o nome do arquitecto, cabe dicir que esta intervención de finais do século XIX non supón ningunha rutura estilística da edificación ca súa esencia medieval.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– PAZ VARELA: «Castelos e fortalezas de Galicia»,Edicións Nigra Trea S.L., 1999.
– BOGA MOSCOSO, R.: «Guía dos castelos medievais de Galicia», Xerais, 2003.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.32958023053414
Lonxitude: -8.568209409713745
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84