Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Bergantiños (comarca) / Carballo
Parroquia: Artes (San Xurxo)
Lugar: Vilar de Francos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Pazo construído ao redor dunha torre defensiva do século XVI ocupando un lugar elevado sobre unha gran finca murada. Reúne todas as características da arquitectura pacega. O edificio ten dúas alturas, de planta rectangular e con muros de mampostería e do que sobresae o antigo torreón de catro plantas. Tellado a catro augas con cuberta de tella. Ten a fasquía de pazo renacentista, reflectido nas ventanas con tornachoivas e lucernarios rectangulares, na parte superior destas, para aportar luz ao interior, canzorros con figuras de animais e persoas, na cornixa do beirado do tellado. Na entrada leste, arco rebaixado de medio punto flanquedo por colunniñas e cornixa, onde se coloca a pedra armeira. Esta leva catro cuarteis cos símbolos das liñaxes dos Vilardefrancos, Pardiñas, Figueroa e Moscoso.
É de destacar tamén a cheminea de cantería que vai adornada con pináculos piramidais rematados en bóla. Na finca murada e ao redor do pazo podemos ver dependencias auxiliares de gran interés ademais dun pombal, fonte, capela e hórreos.
A linaxe dos Pardiñas tivo nel a súa residencia principal. O gran pazo de Vilardefrancos xurdiu a comezos do século XVI coa forma dunha torre á que nos séculos XVII e XVIII engadíronselle distintas cruxías perimetrais para pechar un compacto volume rectangular. Xunto á evolución arquitectónica desta morada señorial reconstrúese a dilatada historia dun linaxe con destacado protagonismo entre a nobreza galega da Idade Moderna.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.pxomcarballo.org/pxom-aprob-feb2015/
http://www.pxomcarballo.org/pxom-aprob-feb2015/10_Tomo%20Xb_Catalogo%20de%20proteccion.pdf
pax. 78 de 832 do doc
Bugallal y Vela, Jaime. Sánches García, Jesús Angel.
Vilardefrancos, Reconsideracion de un gran pazo y su linaje
Acceso web ao traballo citado
http://dspace.usc.es/bitstream/10347/6292/1/pg_155-180_quintana1.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1820623905
Lonxitude: -8.64442706108
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84