Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Bergantiños (comarca) / Carballo
Parroquia: Rus (Santa María)
Lugar: Casal de Perros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta de cruz latina e teito a dúas augas na nave principal e a tres no remate dos brazos. Ten engadido dous corpos no costado norte, onde está a sancristía. O cruceiro leva unha gran cúpula sobre corpo octogonal que remata en lanterna, tamén da mesma sección e con catro lucernarios nas súas caras. Esta igrexa de estilo barroco xeométrico pasa por ser un dos templos máis significativos do concello de Carballo e comezouse a construír no 1606. Os muros son de sillería granítica, e agás na fachada, van recebados e pintados de branco. A fachada presenta os xogos volumétricos característicos do barroco. Está enmarcada con catro pilastras de orde xigante e de capiteis dóricos que soportan un friso con adornos de metopas e triglifos. Este dá paso a un frontón curvo de grandes arestas voadas que resaltan a súa forma. Na rúa central da fachada amosa porta alintelada con adorno de grandes molduras nas xambas. Enriba e sobre unha cornixa voada, vemos una fornela de remate curvo coa figura da Virxe. Despois vén un gran óculo redondo perfilado con molduras saíntes no seu perímetro, está acristalado para dar luz ao interior.
Do centro da parte superior da fachada elévase a torre do campanario. A base cadrada de paramentos lisos dá paso ao primeiro corpo despois dunha pequena cornixa. Neste vense ocos para as campás rematados en arcos de medio punto con pilastras lisas de remates curvos e unha balaustrada na parte inferior. Acaba nunha cornixa voada con molduras que soporta ao segundo corpo da torre, unha cúpula de pedra con adornos de bólas que remata en pináculo con pequena cruz de forxa no cume. A contorna da igrexa está cercada cun muro de pedra que amosa na zona de acceso ao templo unha profusa decoración . Enriba dos chanzos poligonais da entrada, a porta esta flanqueada por pequenas columnas con bases e fustes con adornos de placas e remates de pináculos de bólas. A ambos lados, apoiados e rematando o muro, vemos volutas e formas xeométricas do máis puro estilo barroco escenográfico.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Enlace web co catálogo do pxom do concello de Carballo ano 2015
http://www.pxomcarballo.org/pxom-aprob-feb2015/10_Tomo%20Xb_Catalogo%20de%20proteccion.pdf
pax 660 do pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A contorna da igrexa está inzada de cables do tendido eléctrico e telefónico.


Onde está localizado

Latitude: 43.1572888497
Lonxitude: -8.67264389992
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84