Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Ponte Sampaio (Santa María)
Lugar: O Vilar
Outra denominación do ben: Cruceiro das Cachadiñas
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Presenta peaña de tres chanzos polo lado leste e de catro polo oeste, por mor de salvar o desnivel da laxe sobre a que se asenta. O varal comeza cunha sección cuadrangular de aproximadamente 30 cm., dando paso logo á sección cuadrangular con bordes achafranados que se prolonga ata un colarín simple.
O capitel presenta volutas de crochet defrontadas en cada esquina, facendo un total de oito volutas.
A cruz é sinxela, de sección cuadrangular e sen imaxes.
É probable que se trate dunha cruz de termo, por atoparse na encrucillada onde comeza o camiño vello desde O Vilar ata Ponte Sampaio.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Non temos información máis na laxe na que se asenta na que aparecen letras e cruces gravadas, o que pode ser indicativo dun “enterramento de almiñas”, é dicir, daqueles defuntos infantís sen bautizar e, polo mesmo, non susceptibles de seren enterrados en chan consagrado.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3583734653
Lonxitude: -8.60381305218
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84