Mámoa do Cruce. Do conxunto Monte Fonteiriño.
Catalogouno elixiovieites o Ago 21, 2015 • 12:47 p.m. •

Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Deza (comarca) / Lalín
Parroquia: Parada (Santa María)
Lugar: Alperiz
Outra denominación do ben: Mámoa da Cruz 7
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
O dolmen atópase no cruce da estrada EP- 6010 que vai dende Carballeda en Lalín a Ventosa en Agolada, xusto no cruce de entrada ao lugar de Alperiz. Esta mámoa forma parte un conxunto de sete, que se denominarían ” As Mámoas da Cruz “, GA 36024017, círculos num. 1-41 no plano do pxom de Lalín, dentro do conxunto de Mámoas de Parada, quizá porque outra que se pode atopar pertencente a este grupo “da Cruz”, máis grande e que está a 100 metros ao norte, no outro lado da estrada, presenta un rebaixe cúbico, duns 20 cm. de lado nun esteo visible do dolmen, que sería o apoio da base do fuste dun cruceiro.
A súa vez estarían incluídas dentro do conxunto das Mámoas de Parada, outras dúas máis a 500 metros ao sueste, que se denominarían Zarra do Canal, código GA 36024016, numeración 1-40. Os dous lugares conformarían o Conxunto Megalítico de Alperiz.
Esta é a que está máis ao sur, dentro do grupo de sete que marca o mapa de localizacion do PXOM, xusto no cruce á beira da estrada. É unha das tres que quedan do grupo de Mámoas da Cruz, había sete orixinariamente. Presenta un túmulo duns 15 metros de diámetro, moi alterado polas labores agrícolas e de limpeza das cunetas da estrada. Non se pode apreciar o número de esteos que aínda se conservan. Un esteo que sobresae 1,5 m. de alto por 60 cm. de ancho dá cara á cuneta da estrada e nel podemos ver un gravado con motivos serpentiforme que estarían na liña dos atopados no dolmen do Altar do Sol, e os do lugar de Fonte Tourón, Goiás, Lalin atopados no ano 2005 por mor dos traballos arqueolóxicos previos á execución dunha obra de liña eléctrica. Son unhas lousas que presentan uns gravados de estilo propio do megalitismo e que agora forman parte dos lindes das fincas nas que se atopan.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA 36024017
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Plano de Situación, lenda SR-P.5 grupo 1-41, A situada máis ao sur
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LALIN/documents/0808PB016.JPG
Ficha do catálogo PXOM concello de Lalín ano 1999
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LALIN/documents/0808CA004.PDF
paxina 15
Un traballo sobre o contexto dos gravados serpentiformes
da zona Fonte Tourón
ELENA CABREJAS DOMÍNGUEZ; PATRICIA MAÑANA -BORRAZÁS; YOLANDA SEOANE- VEIGA
Laboratorio de Patrimonio, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento del CSIC
http://digital.csic.es/bitstream/10261/20446/1/54.pdf
http://megalitos.arqueoloxico.com/fichaspo/36020020.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Esta afectada polo corte que se fixo para a construción da estrada, quedando os gravados expostos a intemperie. A súa vez está no radio de acción da máquina rozadora das cunetas.
Onde está localizado
Latitude: 42.7143025655Lonxitude: -8.03313016891
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):






5 comentarios
elixiovieites says:
Ago 21, 2015
Acceso as webs nomeadas en bibliografía
Plano de Situación, lenda SR-P.5 grupo 1-41,
é a situada máis ao sur
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LALIN/documents/0808PB016.JPG
Ficha do catálogo PXOM concello de Lalín ano 1999
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LALIN/documents/0808CA004.PDF
paxina 15
Un traballo sobre o contexto dos gravados serpentiformes
da zona Fonte Tourón
ELENA CABREJAS DOMÍNGUEZ; PATRICIA MAÑANA -BORRAZÁS;
YOLANDA SEOANE- VEIGA
Laboratorio de Patrimonio, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento del CSIC
http://digital.csic.es/bitstream/10261/20446/1/54.pdf
elixiovieites says:
Ago 21, 2015
Mapa de pendentes (páxina do CDIX. Instituto Estudos do Territorio. CMATI) da zona ” Mámoas da Cruz ” do ano 2009, e ” Zarra do Canal”, a 500 metros ao sueste desta da ficha http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0122A-0406.pdf
elixiovieites says:
Ago 24, 2015
Unhas novas sobre un proxecto de conservación do grupo de Mámoas da Cruz
http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2015/01/06/compromiso-denuncia-grave-deterioro-conjunto/1160718.html
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/lalin/2015/08/22/lalin-busca-potenciar-patrimonio-natural-proteger-mamoas-alperiz/0003_201508D22C39915.htm
elixiovieites says:
Mar 18, 2016
Localización do Grupo de mámoas 1-41 Grupo Mámoas da Cruz (7 mámoas), 1-42 mámoas de Parada (2 mámoas) Conxunto Megalítico de Alperiz.
Mapa feito por Antonio Presas
elixiovieites says:
Mar 18, 2016
Debuxo do gravado da Mámoa do Cruce de Alperíz. Fonte: Antonio Presas