Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Coristanco
Parroquia: Erbecedo (San Salvador)
Lugar: Erbecedo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificio de planta rectangular e cuberta a dúas augas. A súa fachada presenta un esquema pentagonal e no seu eixo vertical central de abaixo arriba presenta unha porta alintelada sobre á que se abre unha xanela cun arco de medio punto lixeiramente abocinado. Rompendo o vértice do pentágono temos unha base para a espadana dun só corpo apoiado na antedita base cunha cornixa moldurada e tres machóns unidos por dous arcos de medio punto sendo o machón central a metade de ancho cos dos estremos. Nos arcos sitúanse as campás e cubrindo o conxunto unha cornixa moldurada con caída a dúas augas a modo de frontón triangular e flanqueada nos seus estremos por pináculos e coroado por outro pináculo cunha cruz de forxa. O acceso ó campanario é a través dunhas escaleiras sobre a cuberta na súa caída esquerda.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CORISTANCO/documents/0135CA004.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1620665197
Lonxitude: -8.7029287219
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84