Outra fotografía:

Tipo de ben: Necrópole,
Concello: Deza (comarca) / Lalín
Parroquia: Parada (Santa María)
Lugar: Alperiz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Sartego antropomorfo posiblemente de orixe altomedieval. Atópase a saída da aldea de Alperiz cara o lugar de Ponte, zona sur. Está sendo usada como pía para darlle de beber aos animais aproveitando a auga dun regueiro á beira da estrada. A tumba está labrada nunha gran peza de granito. Ten as características que adoptan ter este tipo de tumbas, cun marcado oco para encaixar a cabeza do defunto que resaltaría do rebaixe para albergar o corpo. Fáltalle un anaco pola zona onde estarían o ombreiro dereito do defunto e tallóuselle un rebaixa para a saída da auga na zona da cabeza. Antonio Presas infórmanos que se supón que procede do atrio da igrexa de Alperiz e o seu descubrimento, como tal, tivo lugar no verán do ano 2001.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7079012705
Lonxitude: -8.03147256374
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84