Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Deza (comarca) / Lalín
Parroquia: Parada (Santa María)
Lugar: Alperiz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Segundo o catálogo arqueolóxico do concello de Lalín do ano 1999, este dolmen estaría formando parte da zona coñecida como “ As Mámos da Cruz ” do Conxunto Megalítico de Alperiz. Está a 42 metros ao norte da mámoa numerada como número 7 (Mámoa do Cruce, chamado así por estar a carón do cruce da estrada de Alperiz, e con gravados serpentiformes).
Este recinto pechado está presidida por unha gran pedra con dous rebaixes en forma de círculo, os veciños coñéceno co nome de Altar do Sol. Segundo información de M.J. Meijome a pedra principal foi gravada en tempos modernos cunha cuadrícula.
No rexisro oficial da consellería de Cultura consta como BIC o Gravado Rupestre de Alperiz “Monte Fonteiriño, Altar Do Sol” catalogado como monumento histórico-artístico -segundo o asento oficial o 20 de decembro de 1974, e como “zona arqueolóxica” aparece a Mámoa da Cruz, recoñecida por Cultura máis recentemente; en concreto en marzo de 2011. É unha das tres que quedan do grupo de Mámoas da Cruz, había sete orixinariamente. En setembro de 2015 procedeusa a limpeza do lugar e a unha intervención arqueolóxica. Data da foto da ficha: 22 de Marzo de 2016
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA 36024017
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Filgueira Valverde, Xosé. García Alén, Alfredo. Adiciones a la Carta Arqueológica de la Provincia de Pontevedra 1959.
Enlaces web
Mapa do Pxom Concello Lalín 1999
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LALIN/documents/0808PB016.JPG
Mámoas da Cruz, círculos 1-41
http://megaliticia.blogspot.com.es/2015/11/dolmen-pedra-do-sol.html
Páxina do Catálogo arqueolóxico Concello de Lalín 1999
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LALIN/documents/0808CA004.PDF pax. 12
http://megalitos.arqueoloxico.com/fichaspo/36020020.html
http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com.es/2012/07/megalitismo-en-rodeiro-lalin-e-silleda.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7145981758Lonxitude: -8.03256690502
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
7 comentarios
elixiovieites says:
Ago 22, 2015
Unha noticia sobre o estado do Conxunto Megalítico de Alperiz. Xaneiro 2015
http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2015/01/06/compromiso-denuncia-grave-deterioro-conjunto/1160718.html
elixiovieites says:
Ago 23, 2015
As novas sobre un proxecto de conservación
http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2015/08/22/concello-inicia-tramites-poner-conjunto/1300525.html
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/lalin/2015/08/23/xunta-contrato-trabajos-arqueologicos-altar-do-sol/0003_201508D23C19929.htm
elixiovieites says:
Set 14, 2015
Nova do 13 de setembro 2015
http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2015/09/13/cultura-destina-cerca-190000-euros/1313026.html
elixiovieites says:
Mar 18, 2016
Segundo nos describe Antonio Presas:
Este dolmen é coñecido entre o vecindario de Alperiz como “Altar do Sol” (“chamáronlle así porque na cara da lousa orientada ao nacente aparece marcada unha especie de disco que recibe os primeiros raios do Sol. Algúns que estudiaron o caso, segundo comentarios, teñen dito que isto era unha especie de observatorio solar para saber cando se producía o cambio das estacións e que a marca circular, ao recibir os raios do sol, en determinados momentos, servía para iso”)
O Altar do Sol é un dolmen (megalito) de grandes dimensións, equiparable a outros dólmenes galegos de gran importancia como os de Dombate e Axeitos. Cando foi descuberto polos investigadores xa se atopaba nun deplorable estado de conservación e, por iso, incluso se chegou a dubidar de que fora un auténtico dolmen, porque resultaba desconcertante a existencia dunhas laxes (chantos) colocados en forma circular. Pronto se propuxeron dúas hipoteses explicativas: (a) que era unha mámoa arrasada da que só se conservaba o dolmen (anta) ou (b) que era un dolmen preparado para cubrilo cun túmulo e formar unha mámoa, como as outras que estaban ao seu lado.
A última escavación arqueolóxica (outubro 2015) dirixida polo arqueólogo
Manuel Lestón puxo de manifesto que se trataba dunha mámoa que tiña o túmulo arrasado e todos os seus esteos rotos pola metade e incluso pola base. Suponse que a primeira agresión que sufriu foi a violación na búsqueda de tesouros, removendo a tapa (cubrición) para acceder ao interior da cámara. Posteriormente rompéronse os esteos para utilizar a pedra en cerres de fincas e, pouco despois do seu descubrimento para o mundo da ciencia, realizouse un rebaixe no seu interior na procura de restos arqueolóxicos.
O dolmen o “Altar do Sol” medía, orixinariamente, uns 2,20 metros de altura (desde a base ata a a parte alta da lousa de cubrición) e a cámara, de case 11 metros cadrados, estaba formada por sete esteos dispostos de forma circular. A laxe ou esteo de cabeceira medía 1,90 metros de lado e tiña un grosor de 0,50 metros. O acceso ao dolmen faciase por un corredor, formado por varios esteos colocados en paralelo aos dous lados, situado polo lado Leste da cámara. Este corredor foi arrasado cando se romperon as laxes que do megalito.
A posible tapa de cubrición atópase removida a un lado da estructura dolménica e presenta unhas medidas considerables: diámetro medio (semisuma dos eixe maior e menor) superior a 2,60 metros e un grosor de 0,30 metros.
En conxunto o túmulo debía medir cerca de 2,5 metros de altura e tería un diámetro cercano aos 30 metros.
Artigo en Faro de Vigo
http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2016/03/17/necropole-megalitica-alperiz/1424688.html
elixiovieites says:
Mar 23, 2016
Fotos das escavacións do ano 2015 en http://megaliticia.blogspot.com.es/
http://megaliticia.blogspot.com.es/2015/11/dolmen-pedra-do-sol.html
Oscar Franco says:
Mar 7, 2019
A prensa dixital do 6 de marzo de 2019 recolle a a nova do procedemento sancionador contra Financiera Maderera SA (Finsa) por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. A empresa realizou unha tala de árbores e unha posterior repoboación con eucaliptos na zona de protección deste ben:
http://historiadegalicia.gal/2019/03/finsa-enche-de-eucaliptos-a-necropole-megalitica-conecida-como-altar-do-sol/
https://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2019/03/06/patrimonio-multa-finsa-tala-repoblacion/2063532.html
Oscar Franco says:
Out 24, 2021
Nova do 24 de outubro de 2021 sobre os traballos de rehabilitación que se van a realizar neste conxunto megalítico:
https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2021/10/24/altar-do-sol-alperiz-recuperara-58736699.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2021/10/24/recolocaran-piedras-camara-megalitica-altar-do-sol-alperiz/0003_202110D24C5992.htm