Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Deza (comarca) / Lalín
Parroquia: Parada (Santa María)
Lugar: Alperiz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Segundo o catálogo arqueolóxico do concello de Lalín do ano 1999, este dolmen estaría formando parte da zona coñecida como “ As Mámos da Cruz ” do Conxunto Megalítico de Alperiz. Está a 42 metros ao norte da mámoa numerada como número 7 (Mámoa do Cruce, chamado así por estar a carón do cruce da estrada de Alperiz, e con gravados serpentiformes).
Este recinto pechado está presidida por unha gran pedra con dous rebaixes en forma de círculo, os veciños coñéceno co nome de Altar do Sol. Segundo información de M.J. Meijome a pedra principal foi gravada en tempos modernos cunha cuadrícula.
No rexisro oficial da consellería de Cultura consta como BIC o Gravado Rupestre de Alperiz “Monte Fonteiriño, Altar Do Sol” catalogado como monumento histórico-artístico -segundo o asento oficial o 20 de decembro de 1974, e como “zona arqueolóxica” aparece a Mámoa da Cruz, recoñecida por Cultura máis recentemente; en concreto en marzo de 2011. É unha das tres que quedan do grupo de Mámoas da Cruz, había sete orixinariamente. En setembro de 2015 procedeusa a limpeza do lugar e a unha intervención arqueolóxica. Data da foto da ficha: 22 de Marzo de 2016


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA 36024017
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Filgueira Valverde, Xosé. García Alén, Alfredo. Adiciones a la Carta Arqueológica de la Provincia de Pontevedra 1959.
Enlaces web
Mapa do Pxom Concello Lalín 1999
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LALIN/documents/0808PB016.JPG
Mámoas da Cruz, círculos 1-41
http://megaliticia.blogspot.com.es/2015/11/dolmen-pedra-do-sol.html
Páxina do Catálogo arqueolóxico Concello de Lalín 1999
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LALIN/documents/0808CA004.PDF pax. 12
http://megalitos.arqueoloxico.com/fichaspo/36020020.html
http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com.es/2012/07/megalitismo-en-rodeiro-lalin-e-silleda.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7145981758
Lonxitude: -8.03256690502
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84