Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Oleiros
Parroquia: Lians (Santaia)
Lugar: Montrove
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular moi moldurado. Ten un varal que comenza en cadrado e logo ten un achafranado que se vai agrandando ata chegar o capitel e ser oitavado. Na parte cadrada do varal, tanto no anverso como no reverso ten un recadrado coas imaxes dunha escaleira e tres cravos enriba dela e no reverso a figura dunha serpe co ano 2000 debaixo. Na parte superior do varal pola parte do anverso presenta unha figura que semella a Santiago Peregrino enriba dunha peaña. O seu capitel é de estilo corintio co ábaco de lados curvos e vértices achafranados. A súa cruz é cuadrangular achafranado con remates florenzados con botón central. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Ten a cabeza ergueita cunha coroa de espiñas e o seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe coroada co Neno no colo enriba dunha peaña. O cruceiro é todo de granito cun moi bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3300342576
Lonxitude: -8.35781693459
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84