Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Deza (comarca) / Lalín
Parroquia: Parada (Santa María)
Lugar: Alperiz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Igrexa románica do século XIII erguida sobre outro templo anterior. Ten nave rectangular á que foi engadido un presbiterio da mesma sección nas reformas que tivo o templo. Leva teito a dúas augas e cuberta de tella plana. Portada con arquivoltas de arco de medio punto sobre columnas acobadadas. Perdeuse a ábsida románica coa nova remodelación. A parte superior da entrada leva uns saíntes a modo de ménsulas, con adorno de moldura, que sosteñen o tímpano sen decoración. A cornixa amosa canzorros con motivos xeométricos, un deles coa figura dun rostro humano, todo ao redor do beirado do tellado. Remata a fachada con espadana barroca de base rectangular e oco con arco de medio punto para albergar a campá, no cume desta, pequeno frontón triangular flanqueado con volutas e óculo por pináculos de bóla. Ten gravado a data de 1846. Hai unhas inscricións nas lousas do chan que semellan laudas aproveitadas da primitiva igrexa da que tamén saíron algúns sepulcros de pedra que levaron os veciños, un deles serve para beber o gando dun camiño da aldea.
Esta igrexa era a antigua parroquial ata a súa integración na de Santa María de Parada no ano 1890.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo Daniel González Alén dende tempo inmemorial cando hai ameaza de tronada os veciños botan a antiga imaxe pétrea do San Pedro fóra da igrexa e colocan a cada lado súa vela mentres repenican as campás.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LALIN/documents/0808CA007.PDF
pax. 5


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra:
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7101126299
Lonxitude: -8.03079128265
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84