Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Oleiros
Parroquia: Perillo (Santa Locaia)
Lugar: Parque de Beiramar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico achafranado. No chafrán do reverso da cruz ten unha inscrición que di: “J PARDO”. O varal empeza en cadrado no seu primeiro terzo para ser oitavado e disminuído cara ó capitel. Este capitel é cilíndrico na que ten imaxes do desencravo e resurrección de Cristo. A súa cruz é circular, leñosa con nós e no seu anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e bendecindo con ámba-las mans. Inclina a súa cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Virxe co Neno no colo enriba dunha peaña coa figura dunha nube. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3289718047
Lonxitude: -8.371270895
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84