Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Ames / Santiago (comarca)
Parroquia: Covas (Santo Estevo)
Lugar: Ventosa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

O petróglifo atópase nun afloramento rochoso dun tramo de monte de acusadas pendentes cara o sur, a 200 metros ao norte do castro de Ventosa. A laxe ten unhas medidas de 4.30 por 4,10 metros e nela os debuxos están ocupando case toda a superficie. Os motivos xeométricos compóñense de varios conxuntos de círculos concéntricos cunha figura na base de trazos curvos. Catro destes círculos, con coviñas no seu interior, son máis destacados e visibles que outros tres máis pequeno na banda noroeste, dous deles unidos e outro con coviñas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Sobrino Buhigas, Ramón.(1935).“Descubrimiento prehistórico.
Petroglifos compostelanos de la edad del Bronce”.Faro de Vigo de 1/8/1935.
Sobrino Lorenzo-Ruza, Ramón. (1951-1955). Diversas entradas en los cuadernos
1 a 4 del Noticiario Arqueológico Hispánico.
Un traballo da Asociación Colectivo A Rula
https://colectivoarula.wordpress.com/2015/08/15/a-redescuberta-do-monte-castelo-unha-excursion-o-ano-1909/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8934318728
Lonxitude: -8.63355338573
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84