Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Agolada / Deza (comarca)
Parroquia: Ventosa (San Xulián)
Lugar: Axiaz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

O Coto Cornellal conforma unha pequena meseta de menos de 1 Km² ao sur do lugar de Axiaz e ao norte do río Turubelo. O conxunto arqueolóxico deste lugar foi dado a coñecer a raiz dos traballos levados a cabo sobre o fenómeno tumular na comarca do Deza entre os anos 2001 e 2004. Este petróglifo corresponderíase cun grupo de 6 con motivos de certa complexidade na súa composición, fronte a outros 18 da zona que só amosan cazoletas, que son referenciados no traballo de varios autores titulado “Arqueoloxía do Coto Cornellal (Agolada) Tránsito e apropiación simbólica dun espazo”.
O petróglifo presenta 6 combinacions de círculos concéntricos cunha cazoleta central cada un , así como coviñas e outros círculos máis pequeno. Polo debuxo que amosa o traballo esta rocha corresponderíase co petróglifo referenciado como nº 4


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Rodríguez Alvárez, Emilio. Rodríguez Rellán, Alvárez. Fábregas Valcarce, Ramón.
Arqueoloxía do coto Cornellal (Agolada) Tránsito e apropiación simbólica dun espazo.
Enlace web https://goo.gl/ZEglwd


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7140069537
Lonxitude: -7.99723684788
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84