
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Porto do Son
Parroquia: Noal (San Vicente)
Lugar: Porto do Son
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico achafranado. O varal é octogonal comezando en cadrado. Ten un capitel cuadrangular con astrágalo cuadrangular achafranado e liso. O ábaco ten lados curvos e os vértices achafranados. Ten ademais volutas, orlas vexetais, cabezas de anxo con ás e cunchas. A súa cruz é circular, leñosa con nós. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans en cruz sobre o peito e sobre unha peaña con follas. O cruceiro é unha mestura de granito e formigón; Plataforma, pedestal e varal de granito e capitel, cruz e figuras de formigón, presentando un bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volumen III. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PORTODOSON/documents/0338CA002.PDF (páx. 32).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7262500144Lonxitude: -9.00009870529
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Nov 19, 2018
Segundo contan os máis vellos, o cruceiro ergueuse no lugar coñecido como Fonte Santa pois a aquela auga atribuíaselle virtudes curativas.
Posteriormente foi trasladado a un lugar preto do que había unha pedra semellante a unha guitarra que os mariñeiros vían cando entraban no porto.
Por iso se lle coñece tamén como cruceiro da guitarra.
A comezos da década dos 90 do século pasado colocouse no lugar actual.
Información tirada da seguinte referencia bibliográfica:
MARIÑO DEL RÍO, M. Os cruceiros de Porto do Son. Ed. Comisión de Festas do Carme, 2005