Outra fotografía:
Tipo de ben: Asentamento,
Concello: Bergantiños (comarca) / Ponteceso
Parroquia: Corme Aldea (Santo Adrán)
Lugar: Froxán - Gondomil
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Recinto que se compón como un emprazamento defensivo cunha muralla ao redor dunha zona elevada e pedregosa que lle serve de defensa natural. Pola banda noroeste hai un segundo muro que cingue unha terraza en pendente. O recinto elevado mide uns 100 metros no eixo NE – SW, e cun ancho máximo na metade dese eixo cara o oeste, duns 30 m. Está a unha altitude de 157 metros e a 500 metros, en liña recta, ao sur do rego de Guxín e enriba do pequeno val onde se asentan as aldeas de Gondomil e Froxán. Neste lugar segundo os veciños atopábase a capela de San Adrián, aos pés da fortificación, e ao seu carón pasaba un antigo camiño que une a aldea de Froxán en Corme coa do Couto en Ponteceso, o “camiño das pescas”. Entre as estruturas máis interesante sería a que semella ser a base dunha edificación similar a un torreón.
O recinto está catalogado como referencia arqueolóxica no PXOM de Ponteceso do ano 2015. A segunda imaxe da ficha é un lidar do CDIX. (Xunta de Galicia)
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: REF15068016
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Dende alí, din os veciños, os “católicos” pelexaban contra os “herexes”.
Nun contexto próximo a este asentamento estaría a Illa da Estrela, con antigos enterramentos e unha capela que fora construída enriba dun castro, hoxe desaparecida. Aínda hoxe, o luns de pascua, se celebra a Romaría da Estrela en Corme-Aldea. Tamén estaría a enigmática Serpe de Gondomil, unha gran serpe tallada en relevo nunha rocha na que se levanta un cruceiro, a tan só 800 metros en liña recta de San Adrián Vello, que ao mellor tería algo que ver coa advocación da parroquia a este santo que salvaba a xente da invasións de serpes.
O asentamento, segundo outra lenda, fora feito para salvar e refuxiar no alto do monte a poboación que era honrada e boa dun diluvio de area moi fina a ía cubrir e asolagar completamente o val para matar aos que levaban unha vida disipada roubando e matando como piratas, sen temor ao seu deus antigo.
Ver máis en http://www.jrvarela.net/costa%20muerte%20genuina.htm
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.ponteceso.net/PXOM/PXOM2015/961_DAP_TV_CATALOGO%20PATRIMONIO.pdf
pax, 354 do pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2630968741Lonxitude: -8.93250703812
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
elixiovieites says:
Set 1, 2015
O artigo de M. Gago en capitulo 0
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2015/08/30/san-hadrian-vello-outro-relato-das-orixes/
Marta says:
Set 2, 2015
Eu coñezo outro San Adrián no concello de Ortigueira.
elixiovieites says:
Set 2, 2015
Mirara mal o dato. Estivera apuntando e puxen só os da diócese de Mondoñedo Ferrol, que me liei vaia. En realidade, despois de recontar cos datos que trae o libro de “Os santos titulares de parroquia en Galiza de X.M. González Reboredo son 14 parroquias con esta advocación. Grazas por advertir o erro. Xa está corrixido. En Ortigueira está a parrroquia de Veiga (San Adrián)
elixiovieites says:
Mar 28, 2016
O Asentamento de San Adrián Vello no pxom de Ponteceso , ano 2015.
http://www.ponteceso.net/PXOM/PXOM2015/961_DAP_TV_CATALOGO%20PATRIMONIO.pdf
Recóllese un posible sitio de vixía da costa, podemos ler: “Existen referencias aportadas polos veciños de Froxán da existencia dun punto de vixía do mar no alto dun gran afloramento existente ao carón da desaparecida capela de Santo Adrán. Os informantes fan referencia a unha estrutura de pedra de escasa altura e de planta circular”, na pax. 354 do pdf
A Antiga capela de Santo Adrán na pax. 339
Un petróglifo na pax. 353