Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Noia
Parroquia: Noia (San Martiño)
Lugar: Noia
Outra denominación do ben: Fortaleza do Tapal
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

O Pazo, situado fronte á igrexa de San Martiño, formaba parte do recinto fortificado da cidade, e tamén facía de cárcere da Mitra Compostelana. Era dos arcebispos de Santiago que tiñan o señorío da Vila. Di Ángel del Castillo. “..era una fortaleza constituída por un recinto amurallado y defendido por una torre que en 1526 estaba en parte caída y mal reparada”. No 1320 empréndese a construción das murallas e nesta época tamén se pode encadrar este Pazo dos Churruchao parentes dos Deza e homes fortes de Noia. Tamén chamada Fortaleza do Tapal é un punto clave da historia medieval da Vila. Ao grito irmandiño de : Abaixo as fortalezas! derribáronse 130 fortalezas ou castelos pertencentes á Mitra Compostelana e aos principais nobres.
O foco irmandiño de Noia, formado por labregos, burgueses e mariñeiros destruíron as torres de Outes, Peñafiel (Xallas),e a Fortaleza do Tapal. Según Xerardo Agrafoxo “Esta última importante reducto do Arcebispo de Santiago e símbolo da prepotencia dos prelados, “..que era público e notorio lo ficieron para robar los vezinos de las villas y de otras partes que por allí pasaban”. Hoxe só conserva un lenzo no que se abre unha porta alintelada e un fermoso ventanal gótico apuntado que protexe na súa parte interior outros dous máis pequenos trilobulados que se xuntaban no parteluz central, hoxe desaparecido. Enriba destes arcos menores aparece un pequeno rosetón cuadrifoliado.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

García Vidal, Pedro. A Noia da Memoria, Pasado e presente dun casco histórico:Evolución urbana.
Edita concello de Noia 1991. ISBN.84-87879-01-2
Agrafoxo Pérez, Xerardo. Noia: Unha vila histórica. Dende a orixe ata a idade moderna.
ISBN 84-398-9361-Z
Webs do PXOM de Noia
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NOIA/documents/1610CA004.PDF
pax.5
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NOIA/documents/0252CA001.pdf
pax.14


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7822322409
Lonxitude: -8.88916254044
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84