Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Condado (comarca) / Mondariz
Parroquia: Frades (San Martiño)
Lugar: A Cambra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro que nace sobre unha base cilíndrica, no que podemos ver unha inscrición que reza o seguinte:
“ESTE CRUZERO LO MAN
DO ACER FRANCO AT° ALRES
Y MANUELA IRES° AÑO 1785”.

O varal, de sección circular e liso, soporta a un capitel de catro lados curvos con cabeciñas de anxo e volutas.
O conxunto remata nunha cruz octogonal cos brazos potentados, na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe das Angustias co Neno no seu colo sobre peaña de cabeza de anxo no reverso.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.alternativapormondariz.org/pxom/PxomMONDARIZ.htm (PXOM ano 2012. Tomo 5 – Ficha E_001 – Páxina 140)
https://cruceirosdegalicia.xyz/3603002.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao e SAMPEDRO FERNÁNDEZ, Andrés. (2008). Cruces, cruceiros e petos DO CONCELLO DE MONDARIZ. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
PÉREZ LABACA, Xoán Xosé. (2012). OS CRUCEIROS DO CAMIÑO PROCESIONAL DE MONDARIZ Á FRANQUEIRA NA ROMARÍA DAS PASCUILLAS. Acata do IIIº Congreso galego sobre cruceiros e cruces de pedra. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE)

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2534994817
Lonxitude: -8.47198918462
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84